Partido Radical Socialdemócrata

O Partido Radical Socialdemócrata (PRSD), tamén coñecido e autodenominado como Partido Radical,[1][2][3] é un partido político chileno liberal-socialista de centro e centroesquerda, foi fundado en 1994 tras a fusión do Partido Radical e a Socialdemocracia chilena. O PRSD declarase o continuador do Partido Radical de Chile fundado en 1863, que se orixinou a partir da parte extrema do Partido Liberal.

Partido Radical Socialdemócrata
Historia
Fundación18 de agosto de 1994
Posicións políticas
IdeoloxíaRadicalismo
Socialdemocracia
Humanismo laico
Socialismo democrático
Liberalismo clásico
Liberalismo radical
Laicismo
Racionalismo
Outros datos
SedeLondres Nº57, Barrio París-Londres, Santiago de Chile
Na rede
www.partidoradical.cl

Está presente en todo o país, e agora pertence á Nueva Mayoría. Tamén é afiliado á Internacional Socialista. Ten relacións políticas estreitas co Partido Socialdemócrata de Alemaña, a Fundación Friedrich Ebert, a Unión Cívica Radical da Arxentina, o Partido Radical Danés, o Partido Liberal Radical Suízo e o Partido Radical de Esquerda Francés. O presidente do partido é Xosé Antonio Gómez [4].

Segundo o Servicio Electoral do país, é o sexto partido máis grande en militantes do país, con 83.373 membros ao 2012.[5] Ten estreitas conexións coa Francmasonaría do país, especialmente coa Gran Loxía de Chile.

Notas editar

  1. Convención Nacional PRSD 2012 - Voto Comisión Ideológica Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. "La Convención Nacional, acuerda que el nombre de nuestra colectividad es el de “Partido Radical de Chile”, declarando la línea de continuidad con sus orígenes y tradición". Sin embargo, el nombre legal del partido ante el Servicio Electoral de Chile sigue siendo Partido Radical Socialdemócrata". (en castelán) Consultado o 14 de xaneiro de 2014
  2. Bachelet asiste al 150º aniversario del Partido Radical Arquivado 16 de outubro de 2013 en Wayback Machine.. Terra (13 de outubro de 2013). Consultado o 14 de xaneiro de 2014 (en castelán)
  3. José Antonio Gómez representará al Partido Radical en primarias de la Concertación Cooperativa (1 de xullo de 2012). Consultado o 14 de xaneiro de 2014 (en castelán)
  4. Directiva Nacional PRSD Consultado o 14 de xaneiro de 2014 (en castelán)
  5. Más de la mitad de los militantes de partidos políticos son mujeres, aunque pocas salen candidatas. EMOL (25 de novembro de 2012). Consultado o 14 de xaneiro de 2014 (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar

  • Cruz-Coke, Ricardo. 1984. Historia electoral de Chile. 1925-1973. Editorial Jurídica de Chile. Santiago de Chile (en castelán)
  • Durán Florenciao, Florencio. 1958. El Partido Radical. Nascimento, Santiago de Chile. (en castelán)
  • Palma Zuñiga, Luis. 1967. Historia del Partido Radical. Editoral Andrés Bello, Santiago de Chile. (en castelán)
  • Sepúlveda R., Julio. 1993. Los radicales ante la historia. Editorial Andrés Bello, Santiago de Chile. (en castelán)
  • Snow, Peter G. 1972. Radicalismo chileno: historia y doctrina del Partido Radical. Edit. Francisco de Aguirre, Buenos Aires. (en castelán)
  • Silva Cimma, Enrique, y otros. 1984. El Partido Radical: Antecedentes históricos y programáticos. Perspectivas futuras. CIEDES, Santiago de Chile. (en castelán)