Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista e independentista.
Partido Comunista pola República Galega | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Historia | |
Fundación | decembro de 2021 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo marxismo-leninismo Independentismo galego |
Representación | |
Representación | sen representación parlamentaria |
Outros datos | |
Publicación | https://pcrg.gal/ |
Na rede | |
https://www.youtube.com/@PCRG_gal/videos | |
Historia
editarA organización foi fundada nun congreso constituínte durante o 18 e 19 de decembro de 2021, onde segundo a organización participaron máis de 100 persoas.[1] O PCRG nace dunha escisión da FPG.[1][2][3][4]
De acordo co modelo organizativo do centralismo democrático, o seu órgano de dirección é un Comité Central.[5] No seu congreso constituínte propuñan unir a tódolos comunistas de Galiza nunha soa formación; traballar a prol dun sindicato único en Galicia; "reconstruír un movemento estudantil popular, democrático, republicano e asembleario"; así como impulsar as relacións internacionais cos "estados socialistas e populares que resisten ao imperialismo", como coas organizacións "obreiras, revolucionarias e insurxentes" de todo o mundo".[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (20 de decembro de 2021). "Nace o Partido Comunista pola República Galega". nosdiario.gal. Consultado o 20 de decmbro de 2021.
- ↑ "Historial de creación da conta do Twitter". Twitter do Manduchas. Consultado o 2021-12-21.
- ↑ Díaz, Oscar (2022-01-11). "El Bloque del Este: Entrevista al PCRG (Partido Comunista pola República Galega)". El Bloque del Este. Consultado o 2022-02-22.
- ↑ Canarias-semanal.org. "COMUNISTAS GALLEGOS SE RECOMPONEN EN UNA NUEVA ORGANIZACIÓN". Canarias-semanal I Digital informativo de ámbito internacional y actualización diaria (en castelán). Consultado o 2022-02-22.
- ↑ "Twitter do PCRG". Twitter. Consultado o 2021-12-21.