Parthenium hysterophorus

especie de planta

Parthenium hysterophorus


Clasificación científica
Reino: Plantae

Clado: Tracheophytes
Clado: Angiosperms
Clado: Eudicots
Clado: Asterids

Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Xénero: Parthenium
Especie: Parthenium hysterophorus
L.[1]

Parthenium hysterophorus é unha especie de plantas anxiospermas da familia Asteraceae. É nativa da América tropical.[1][2][3][4][5] [6] É unha especie invasora común[7] na India,[8] Australia e partes de África.[5]

Grans de pole de Parthenium hysterophorus.

Especie invasora editar

Parthenium hysterophorus invade terras alteradas, incluíndo as beiras das estradas. Infesta os pastos e granxas, causando a miúdo perdas de rendemento desastrosas nas colleitas.[9][10][11][12][13] Nalgunhas áreas, fortes brotes desta planta estiveron moi estendidos, afectando ao gando e produción de colleitas e mesmo á saúde humana.[14][15]

A planta produce compostos alelopáticos que suprimen as plantas agrícolas e de pasto, e alérxenos que afectan a humanos e gando. Tamén causa frecuentemente alerxias por pole.[16] Un estudo publicado en 2021 mostrou que a planta podía promover a malaria ao fornecer refuxio e alimento moi aprezado polos mosquitos no leste de África.[17]

Está sendo investigada como un medio para eliminar metais pesados e tinguiduras do medio ambiente, control de malas herbas acuáticas, produción de encimas comercial, aditivo para o esterco na produción de biogás, como un biopesticida e como esterco verde e compost.[18]

A especie foi listada como unha especie allea invasora na Unión Europea. Isto significa que é ilegal importala ou vendela en toda a Unión Europea.[19]

Toxicidade editar

 
A partenina é un importante composto tóxico de Parthenium hysterophorus

O contacto coa planta causa dermatite e disfunción respiratoria en humanos e dermatite no gando vacún e outros animais domésticos. A principal substancia responsable é a partenina, que é perigosamente tóxica.[20][21][22] Tamén é responsable da enfermidade do leite amargo nas vacas cando o seu penso está contaminado con follas de Parthenium.[23]

Entre outros efectos alelopáticos da especie, a presenza de grans de pole de Parthenium inhibe a maduración dos froitos no tomate, berenxena, feixóns e outras plantas agrícolas.

Control editar

 
Parthenium na Reserva de tigres de Achanakmar
 
Parthenium hysterophorus en terras abertas en Hawai.

As infestacións lixeiras de Parthenium hysterophorus en campos cultivados poden ser erradicadas con sachos ou eliminadas a man se hai dispoñibilidade de man de obra e o custo é aceptable.

Xeralmente a aplicación de herbicidas é cara e a miúdo nociva. Os sprays de Paraquat poden aplicarse mentes esta mala herba é nova. O glifosato non é efectivo contra esta especie.

O medio máis satisfactorio e prometedor de control a longo prazo práctico é o biolóxico. Varias especies que se alimentan da planta están a utilizarse ou en ensaio en varios países. O organismo para o control melloe establecido ata agora é o escaravello nativo de México, Zygogramma bicolorata, que se introduciu na India por primeira vez en 1984. Desde entón o animal espallouse e está ben establecido en todo o subcontinente. Defolia e a miúdo mata a planta e os danos que lle causa á planta reducen a súa produción de sementes.

En varios países, como Australia e Suráfrica, liberáronse outros axentes de biocontrol e están en avaliación. Entre estes están polo menos outras dúas especies de escaravellos liberados en Suráfrica, un gurgullo que perfora os talos da especie Listronotus setosipennis, e o gurgullo das sementes Smicronyx lutulentus.[24]

Tamén en Suráfrica, utilizáronse os fungos Puccinia abrupta var. partheniicola e Puccinia xanthii.[24]

En Australia, á parte dos mencionados, empregáronse ou foron avaliados outros axentes contra o Parthenium hysterophorus, ata un total de 11 especies desde 1980. Deses once, nove parece que se conseguiron establecer en varias rexións. Os dous cos efecos máis grandes parecen ser o escaravello Zygogramma bicolorata e a avelaíña que produce bugallos nos talos Epiblema strenuana. Porén, outras especies que parece que se estableceron son a avelaíña minadora das follas Bucculatrix parthenica, o gurgullo que forma bugallos no talo Conotrachelus albocinereus, e a avelaíña que perfora os talos Carmenta ithacae.[25]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Parthenium hysterophorus". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA). Consultado o 2010-10-29.
  2. BSBI List 2007 (xls). Botanical Society of Britain and Ireland. Archived from the original (xls) on 2015-06-26. Consultado o 2014-10-17.
  3. USDA, NRCS (n.d.). "Parthenium hysterophorus". The PLANTS Database (plants.usda.gov). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
  4. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "'Parthenium hysterophorus' (TSN 38164)" (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 McConnachie AJ, Strathie LW, et al. Current and potential geographical distribution of the invasive plant Parthenium hysterophorus (Asteraceae) in eastern and southern Africa. Weed Research. 2011 51(1) From http://www.farmersweekly.co.za 27 de decembro de 2013
  6. Oudhia, P., Tripathi, R. S., Choubey, N. K., & Lal, B. (2000). Parthenium hysterophorus: a curse for the bio-diversity of Chhattisgarh plains of MP. Crop Research (Hisar), 19(2), 221-224.
  7. "Parthenium hysterophorus (herb)". Global Invasive Species Database. Invasive Species Specialist Group. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 2010-10-29. 
  8. Oudhia, P. (2000). Parthenium hysterophorus : a new weed in upland rice fields of the Chhattisgarh Plains (India).International Rice Research Notes (IRRN).25.1:34.
  9. Oudhia, P (2000). "Allelopathic effects of Parthenium hysterophorus and Ageratum conyzoides on wheat var.Sujata". Crop Research 20 (3): 563–566. 
  10. Oudhia, P (2000). "Positive (inhibitory) allelopathic effects of Parthenium hysterophorus leaves on germination and seedling vigour of sunflower". Crop Research 20 (3): 560–562. 
  11. Oudhia, P (2001). "Allelopathic effects of leachates and extracts of different parts of an obnoxious weed Parthenium hysterophorus L. on germination and seedling vigour of selected crops". Ecology, Environment and Conservation 7 (4): 427–434. 
  12. Oudhia, P. and Tripathi, R.S. (1998). Allelopathic effects of Parthenium hysterophorus L. on Kodo, Mustard and problematic weeds. Proc. First International Conference on Parthenium Management (Vol. II) UAS, Dharwad 6-8 Oct. 1997: 136-139.
  13. Oudhia, P.; Kolhe, S.S.; Tripathi, R.S. (1997). "Allelopathic effect of Parthenium hysterophorus L. on germination of Linseed". Indian J. Plant Physiol 2 (4): 327–329. 
  14. Gebeyehu, Adane Kebede (2008). The distributions of parthenium weed (Parthenium hysterophorus L. Asteraceae) and some of its socio-economic and ecological impacts in the Central Rift Valley, Adami Tulu-Jido Kombolcha Woreda; Ethiopia (PDF) (Tese). Addis Ababa University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-10-07. Consultado o 2009-03-13. 
  15. "Deadly weed invaded Uganda". 2009-03-13. Arquivado dende o orixinal o 2009-03-16. Consultado o 2009-03-13. 
  16. Kher, Prateek (2008-09-25). "Transforming an obnoxious weed into gold!". Merinews. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  17. "Invasive weed could fuel malaria transmission". phys.org (en inglés). Consultado o 2021-09-02. 
  18. Patel, S (2011). "Harmful and beneficial aspects of Parthenium hysterophorus: an update". 3 Biotech 1 (1): 1–9. PMC 3339593. PMID 22558530. doi:10.1007/s13205-011-0007-7. 
  19. "European Regulation on IAS". xuño de 2021. 
  20. CID 442288 de PubChem.
  21. Parthenium
  22. "Integrated weed management for parthenium". The Hindu (Chennai, India). 2003-12-04. Arquivado dende o orixinal o 2003-12-06. 
  23. "Campaign launched for biological control of a dangerous weed". The Hindu. 4 de setembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2006. 
  24. 24,0 24,1 ARC-PPRI Fact Sheets on Invasive Alien Plants and their Control in South Africa|[1] Arquivado 05 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.
  25. CRC for Australian Weed Management: Best Practice Guide. Impact evaluation of weed biological control agents 2008|[2] Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine.