Parque nacional Iguazú
O Parque Nacional Iguazú (castelán: Parque Nacional Iguazú) é un parque nacional da Arxentina, situado no departamento de Iguazú, ao norte da provincia de Misiones, Mesopotamia arxentina. Ten unha superficie de 677 km2 (261 sq mi).[1]
Parque nacional Iguazú | |
---|---|
![]() Vista dunha parte da fervenza | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Provincia de Misiones, Arxentina |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, X |
Inscrición | 1984 (VIII sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 303 |
HistoriaEditar
A zona do parque estaba habitada hai 10.000 anos polos cazadores-recolectores da cultura Eldoradense. Foron desprazados ao redor de 1.000 CE polos guaraní, que trouxeron novas tecnoloxias agrícolas, e foron desprazados á súa vez polos conquistadores españois e portuguéses no século XVI, aínda que o seu legado segue vivo nesta zona (o nome do parque e do río é Guaraní y guasu, "auga grande"). O primeiro europeo en visitar a zona foi Álvar Núñez Cabeza de Vaca, en 1542, as misións Xesuítas seguirono en 1609.
O parque creouse en 1934 para protexer unha das maiores belezas naturais da Arxentina, as Cataratas do Iguazú, rodeadas pola selva subtropical.
A Reserva Nacional do Iguazú foi definida pola lei 18.801 do 7 de outubro de 1970 como a parte occidental do Parque Nacional do Iguazú. [2] Mentres o parque nacional preserva a natureza coa menor alteración posible, a reserva admite actividades e infraestruturas humanas. [3] A creación da reserva permitiu a construción dun aeroporto internacional e a enaxenación de terras para tres hoteis turísticos. [4] Do outro lado do río Iguazú atópase o seu homólogo brasileiro (Parque Nacional de Iguazú). Ambos sitios foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, en 1984.[5]
O parque formaría parte do Corredor Trinacional de Biodiversidade proposto, que ten como obxectivo proporcionar conexións forestais entre unidades de conservación do Brasil, Paraguai e a Arxentina na ecorrexión do Alto Paraná.[6] O sueste do parque linda as 84 000 hectáreas (210 000 acres) co Parque provincial Uruguaí, creado en 1990. [7]
GaleríaEditar
NotasEditar
- Referencias
- ↑ [1] Arquivado 10 de xullo de 1997 en Archive.is
- ↑ Levingston 1970.
- ↑ Cataratas do Iguazú e o Río Iguazú - ArgentinaXplora.
- ↑ Iguazú: Antecedentes Normativos - Límites.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Iguazu National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-08-28.
- ↑ Araújo Corte & Valladares-Pádua 2007, p. 23.
- ↑ Parque Provincial "Urugua-í" - Ministerio de Ecología.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque nacional Iguazú |
BibliografíaEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Official web site
- Administración de Parques Nacionales - National Parks Administration of Argentina (in Spanish and English)
- World Heritage Site