Parque Natural de Urdaibai
Zonas húmidas, costas e bosques combínanse en Urdaibai e dan lugar a un dos espazos naturais de maior valor ecolóxico do País Vasco. O esteiro fórmase pola confluencia do río Oka e o Mar Cantábrico, e coñécese polo nome de Esteiro ou Ría de Urdaibai.
Tipo | Reserva da biosfera espazo natural protexido Biosphere Reserve (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Río Oka, mar Cantábrico | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Biscaia, España | ||||
| |||||
Características | |||||
Superficie | 22.038,61094 ha | ||||
Elemento da Lista Vermella do Patrimonio | |||||
Data | 10 de xullo de 2008 | ||||
Identificador | reserva-de-urdaibai | ||||
Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies | |||||
Reserva da biosfera | |||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | ||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | 63232 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1989 | ||||
A desembocadura do río anégase cada doce horas pola preamar, axudando ó deposito de sedimentos no fondo e nas beiras costeiras (especialmente na marxe dereita do estuario, xa que o mar golpea dende o noroeste).
Debido a todo isto a zona presenta unha gran variedade de hábitats, dende praias ata marismas, pasando por terreos lamacentos.
Flora
editarA especie arbórea máis estendida é a aciñeira cantábrica (Quercus ilex ssp. ilex) cun sotobosco formado por érbedo, alaterno e os máis escasos lentiscos verdadeiros (pistacia lentiscus). Nas áreas da marisma viven diversas especies halófilas coma o verdello (Salicornia ramosissima), suaeda marítima e spartina. Nos areais costeiros atópamos as especies coma as leiterenas. O Tamarix canariensis é común na zona.
Fauna
editarEntre os mamíferos salientar a presenza do visón europeo, especie ameazada que incrementa a importancia desta reserva da biosfera. Nas costas rochosas cría a gaivota patiamarela e o corvo mariño cristado, namentres que nos areais atopamos a píllara das dunas. Unha gran variedade de aves visitan o parque no pasos migratorios, nas que se poden observar, a Gabita, as aguias pescadoras, os Cullereiros ou o Mazarico real (a limícola de maior tamaño). Tamén están presentes diversos tipos de Ánsares: en dirección norte na primavera, e cara ao sur no outono. No verán de 2015, confirmouse a observación dunha aguia pescadora. Varios exemplares, orixinarias de Escocia, desta especie liberáranse no parque natural para a súa reintrodución. Este programa fóra dirixido pola Sociedade de Ciencias Aranzadi[1].
Entre os anfibios e os réptiles citar a ra patilonga ou a serpe de esculapio.
Entre os peixes atopamos especies adaptadas ós diferendes graos de salindade. A anguía, o sargo, ou crustáceos coma a esquía son exemplos destas especies.
Notas
editar- ↑ Varios (Xullo de 2015). "Regresa a Urdaibai una de las águilas pescadoras reintroducidas en 2013". Quercus (353).