Abrir o menú principal

Aguia peixeira

ave rapaz
(Redirixido desde "Aguia pescadora")
Aguia peixeira
Exemplar no Parque Nacional de Nagarhole
Exemplar no Parque Nacional de Nagarhole
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes ou Falconiformes
Familia: Pandionidae
Sclater e Salvin, 1873
Xénero: Pandion
Savigny, 1809
Especie: P. haliaetus
Nome binomial
'Pandion haliaetus'
(Linnaeus, 1758)
Distribución global de Pandion haliaetus

Distribución global de Pandion haliaetus

A aguia peixeira[2] (Pandion haliaetus) é unha ave rapaz bastante grande e especializada en capturar peixes.

AnatomíaEditar

A aguia peixeira ten a plumaxe do peito branca, ás longas e estreitas que presentan nas extremidades pulseiras negras, o que lle dá unha aparencia distintiva. Está moi ben adaptada para o seu réxime alimentario: pode pechar o nariz para evitar a entrada da auga e as dedas están provistas dunha especie de escamas puntiagudas que lle facilitan ao agarre das presas. O seu voo é lento, alternando o planeo e o bater de ás. Aniña nos lagos e lagoas de auga doce, ás veces nas costas.

Habitualmente as femias son menos filopátricas cós machos, é dicir teñen menos apego cós machos ó territorio de nacemento[3]. Polo que soen ser estas as que se incorporan ó territorio controlado por un macho[3]. Emparéllanse de por vida; en marzo comezan un período de cinco meses de colaboración para construír o niño e coidaren aos aguiachos. As femias poñen 3 ou 4 ovos a fins de abril, chócanos durante cinco semanas, e os aguiachos comezan a voar oito semanas despois da eclosión. As aguias peixeiras que aniñan en Europa pasan o inverno en África. As de Canadá e Estados Unidos invernan en América do Sur; os de Australia non migran.

 
Unha aguia peixeira (Pandionidae) preparándose para mergullar. Foto feita polo Centro Espacial John F. Kennedy.

Dende o século XIX sufriron unha forte persecución, que se prolongou ata os anos 70 do século XX[3]. Por aquel entón as aguias peixeiras estiveron a piques de se extinguir, pero dende a prohibición do DDT e políticas proteccionistas en moitos países dende 1970 a súa poboación está a se recuperar.

En Europa hai arredor de 8.000 parellas, sobre todo en Escandinavia, Escocia e Rusia. Na Península Ibérica só se reproduce nas Baleares, Canarias e Chafarinas, con arredor de 30 parellas. En Galicia é unha especie moi rara, tan só se pode ver nas épocas de migracións, sobre todo no esteiro do Miño.

En América hai de 20.000 a 30.000 parellas.

NotasEditar

  1. BirdLife International (2013). "Pandion haliaetus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Casado E. e outros (Marzo 2016). "El águila pescadora: conecta!". Quercus 361.