Parque Nacional Mesa Verde

O Parque Nacional de Mesa Verde (en inglés Mesa Verde National Park) é un Parque Nacional dos Estados Unidos, declarado tamén Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1978.

Modelo:Xeografía políticaParque Nacional Mesa Verde
Mesa Verde National Park (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 37°15′37″N 108°29′40″O / 37.26038, -108.49444Coordenadas: 37°15′37″N 108°29′40″O / 37.26038, -108.49444
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoColorado
County of Colorado (en) TraducirCondado de Montezuma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie212 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPark Point Editar o valor em Wikidata
Creación1906 Editar o valor em Wikidata
Parque Internacional do Ceo Estrelado
Data2021
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1978 (2ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) Editar o valor em Wikidata
Identificador27
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos
Tipodistrito
Data15 de outubro de 1966
Identificador66000251
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor em Wikidata 997 Editar o valor em Wikidata

Páxina webnps.gov… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX4814519

Está situado no condado de Montezuma, no suroeste de Colorado, Estados Unidos de América.

Ocupa unha superficie de 211 km2 e contén numerosas ruínas de vilas e aldeas construídas polo pobo anasazi.

Destacan as construcións realizadas en covas e en acantilados, entre elas o Cliff Palace.

Estes poboados de pedra, grandes e ben construídos, son o resultado dunha longa ocupación durante a cal se foron agregando habitacións e almacéns de maneira aparentemente aleatoria.

Xeografía

editar

O parque esténdese 21,2 km de norte a sur e 19,2 de leste a oeste. O terreo está dominado por serras e vales en dirección norte-sur. Moitas das serras culminan nunha crista cerca do extremo norte do parque.

Historia

editar

O lugar estivo habitado desde o século VI polos indios anasazi, que construíron os seus poboados primeiro nos cumios das mesetas e, máis tarde, a partir do século XII en covas nas paredes dos canóns, até que foron abandonados repentinamente contra 1275 por razóns descoñecidas.

Os primeiros europeos que chegaron á rexión de Mesa Verde foron os exploradores españois, que buscaban unha rota de Santa Fe, Novo México a California, nas décadas de 1760 e 1770. Bautizaron a rexión co nome de Mesa Verde debido ás súas elevadas mesetas cubertas de bosques de xenebreiros e piñeiros.

Non foi até 1873, coas observacións dun prospector chamado John Moss, cando se fixo pública a existencia dos poboados de pedra. O ano seguinte, Moss guiou ao fotógrafo William Henry Jackson polo canon do Mancos, na base de Mesa Verde, desde onde puido fotografar un dos poboados. En 1875, o xeólogo William H. Holmes percorreu a ruta de Jackson. Os informes de Jackson e Holmes foron incluídos no informe do Hayden Survey, en 1876, unha das catro expedicións de exploración do oeste americano financiadas polo goberno federal que, xunto con outras publicacións, conduciron a varias propostas para a exploración sistemática dos restos arqueolóxicos do suroeste, aínda que durante algúns anos non tiveron consecuencias prácticas.

Mentres tanto, o val do Mancos comezou a ser ocupado por rancheiros, e comezou o espolio dos restos arqueolóxicos. Richard Wetherill, rancheiro e arqueólogo afeccionado, foi o primeiro guía turístico da rexión.

Outros visitantes ilustres foron a reporteira Virginia McClurg, cuxos esforzos continuados durante anos levaron á constitución do Parque Nacional; o fotógrafo e escritor Frederick H. Chapin, que en 1892 publicou The Land of the Cliff-Dwellers, o primeiro libro ilustrado no que se ofrecía unha descrición extensiva do lugar, e o xeólogo sueco Gustaf Nordenskiöld, que en 1891 foi o primeiro en estudar cientificamente as ruínas.

A finais do século XIX era patente que Mesa Verde necesitaba protección ante o vandalismo continuado. Finalmente, o 29 de xuño de 1906, foi establecido o Parque Nacional de Mesa Verde.

No verán de 2002 o parque sufriu extensos incendios forestais e tivo que ser pechado en parte. Aínda que toda a extensión do parque volveu a abrir, con todo son visíbeis os danos sufridos.

Servizos

editar

A entrada do parque sitúase a quince quilómetros ao leste de Cortez. O centro de acollida de visitantes encóntrase a 24 km da entrada, e a zona máis popular, Chapin Mesa, a 10 km do centro de visitantes.

O Museo Arqueolóxico de Chapin Mesa informa sobre a civilización dos anasazi e expón pezas arqueolóxicas.

Tres dos poboados de Chapin Mesa están abertos ao público:

  • Spruce Tree House abre todo o ano, salvo mal tempo.
  • Balcony House e
  • Cliff Palace, que pechan, ambas as dúas, en inverno, e só poden percorrerse en visitas guiadas.

A 19,2 km ao suroeste do centro de visitantes, por unha estrada de montaña, chégase a Wetherill Mesa, onde se encontran Long House e Step House. Moitos outros poboados pódense ver desde a estrada, pero non están abertos ao público.

Ademais dos poboados nos acantilados, tamén hai ruínas no cumio das mesas. Entre as abertas ao público están Far View Complex, Cedar Tree Tower e o Templo do Sol, en Chapin Mesa, e Badger House Community en Wetherill Mesa.

O parque tamén ten sendeiros sinalizados, unha zona de acampada, gasolineira, restaurantes e aloxamentos, aínda que estes están pechados en inverno.

Galería de imaxes

editar

Sitios de interese

editar
  • Cliff Palace: é o poboado máis grande e coñecido de Mesa Verde. Identificáronse 220 cuartos e 23 kivas.
  • Mug House: ruínas situadas en Wetherill Mesa e escavadas na década de 1960 polo arqueólogo Arthur Rohn. Contén 94 cuartos en catro niveis, cunha gran kiva, construída con pilastras e muros verticais simples. Esta estrutura cerimonial ten forma de ollo de pechadura, debido a un entrante detrás da lareira, o que se considera un elemento distintivo do estilo de Mesa Verde. Os habitáculos que se agrupan en redor da kiva suxiren que esta puido ter teito.
  • Sand Canyon Pueblo: contén máis de 420 habitacións, 90 kivas e 14 torres nun extenso espazo aberto, cunha fonte na cabeceira dun pequeno canón. As escavacións indican que foi construído entre 1250 e 1270 seguindo un plan preestablecido, aínda que algunhas habitacións foron engadidas despois. Entre os elementos distintivos destaca unha estrutura en forma de D rodeada de múltiples muros, unha gran kiva e certas características que o relacionan coa arquitectura do canón do Chaco.
  • Spruce Tree House: situado en Chapin Mesa, ben conservado e de fácil acceso. As ruínas inclúen unha kiva visitábel co teito reconstruído. As escavacións indican que, como a maioría das construcións de Mesa Verde, estivo ocupada menos dun século.
  • Square Tower House: a torre que dá nome a este poboado é a estrutura máis alta de Mesa Verde. Estivo ocupado entre 1200 e 1300.
  • Embalses de Mesa Verde.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Noble, David Grant (1995): Ruins of the Southwest. Flagstaff, Arizona: Northland Publishing. ISBN 0-87358-530-5
  • Nordenskiöld, Gustaf (1893): Ruiner af Klippboningar I Mesa Verde's Cañons. Estocolmo: P. A. Norstedt & Söner.
  • Nordenskiöld, Gustaf (1983): The Cliff Dwellings of the Mesa Verde. Chicago: P. A. Norstedt & Söner.
  • Oppelt, Norman T. (1989): Guide to Prehistoric Ruins of the Southwest. Boulder, Colorado: Pruett Publishing. ISBN 0-87108-783-9.

Ligazóns externas

editar