Parque Gulliver

parque infantil de Valencia, España

O Parque Gulliver é un parque da cidade de Valencia (España). Atópase no Xardín do Turia entre as pontes Àngel Custodi e Regne de València. A principal atracción é unha escultura monumental de Gulliver de 70 metros á que se pode acceder a través de ramplas, tobogáns e escaleiras, entre outros. Representa o momento en que Gulliver, acabado de chegar ao país de Lilliput, foi atado polos liliputienses. A figura está realizada de maneira que os visitantes semellan os habitantes de Lilliput cando paseaban sobre o corpo do personaxe creado por Jonathan Swift. Foi encargado en 1990 ao arquitecto Rafael Rivera e ao artista falleiro Manolo Martín cun deseño de Sento, como parte do convenio Un riu de xiquets entre o Concello de Valencia, que achegou o solo, e a Conselleria de Industria Comercio e Turismo, que achegou o financiamento.[1] Tivo un custo de 220 millóns de pesetas.[2]

Parque Gulliver
Tipoparque
Enprovincia de Valencia
PaísPaís Valencià, España
39°27′45″N 0°21′35″O / 39.4625, -0.35966667
editar datos en Wikidata ]

O Parque atópase preto do Parotet, da Escola Universitària de Magisteri Ausiàs March e dos edificios da Ciutat de les Arts i les Ciències. Accédese a través da Ponte Àngel Custodi e a entrada é de balde.

Tras unha fase de reforma e rehabilitación[3] reabriu as súas portas o 6 de novembro de 2022.[4]

  1. Ballester, Paco (24 de decembro de 2020). "Gulliver: El gigante cumple 30 años". Valencia Plaza (en castelán) (Valencia). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  2. "El Gulliver del llit del Túria fa 25 anys". Diari La Veu (en catalán) (València). 29 de decembro de 2015. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  3. López Blesa, Tania (9 de agosto de 2022). "El parque Gulliver de València reabrirá en otoño con una gran fiesta infantil". València Extra (en castelán) (València). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  4. "Miles de personas celebran la reapertura del Parque Gulliver: "Ahora te tiras por los toboganes y no te arañas"". Europa Press (en castelán) (Valencia). 6 de novembro de 2022. Consultado o 3 de xaneiro de 2024.