Parque Audiovisual de Cataluña

Coordenadas: 41°35′40″N 2°00′26″L / 41.594526055238, 2.00715626604

O Parque Audiovisual de Cataluña (en catalán: Parc Audiovisual de Catalunya) é un centro de produción adicado á creación audiovisual. Está formado por 4 platós, espazos para a produción de rodaxes de cinema, publicidade e televisión e un clúster empresarial.

Parque Audiovisual de Cataluña.

Historia editar

O Parque Audiovisual de Cataluña foi emprendido polo concello de Terrassa co apoio da Generalitat de Cataluña co obxectivo de diversificar e ampliar a capacidade da industria da cidade de Terrassa e dar un maior empurrón á creación de contidos audiovisuais así como a capacidade tecnolóxica para a súa creación, debido a que tanto o concello de Terrassa como o goberno catalán consideran este sector dunha grande importancia estratéxica.

O abandonado Hospital do Tórax foi escollido como o espazo onde situar as instalacións do que sería o futuro Parque Audiovisual de Cataluña.[1]

Foi no ano 2004 cando a Generalitat de Cataluña e o Concello de Terrassa acordaron transformar o recinto do hospital no complexo audiovisual que é agora.

As obras empezaron en 2005 e paralelamente empezábanse a rodar con periodicidade anuncios publicitarios, longametraxes e curtametraxes usando os primeiros platós (1 e 2) así como tamén o edificio antigo como localización de rodaxe.

Naqueles primeiros anos, entre outras, rodáronse as seguintes películas:

É a partir de 2007 cando se abren as oficinas estables do Parque Audiovisual, aínda cos dous platós, e a actividade empeza a crecer mentres continúan as obras.

No ano 2011 xa se dispoñía de 4 platós climatizados e insonorizados; un de 1260 m², un de 1200 m², un de 600 m² e outro de 305 m²[2] así como todos os espazos necesarios para unha produción: oficinas, salas para os equipos de produción, vestiarios, almacéns, taller de arte, lavandería etc., con máis de 600 prazas de aparcadoiro. É a partir deste intre que aumenta a produción converténdose nun dos centros de produción máis importantes de Cataluña e España. A creación do Parque Audiovisual permite ofrecer a produtoras e creadores audiovisuais un amplo espazo con todas as comodidades tanto a nivel técnico como de atención personalizada.

Paralelamente, nestes anos tamén se realizan as obras de construción do Centro de Conservación e Restauración da Filmoteca de Cataluña, dependendo da Generalitat de Cataluña a zona sur do gran complexo que comprende o Parque Audiovisual.

Notas editar

  1. Parque Audiovisual de Cataluña Arquivado 03-02-2020 en Wayback Machine.. www.catalunya.com.
  2. Parque Audiovisual de Cataluña. www.shootinginspain.info.