Park Won-sun

Park Won-sun, nado en Changnyeong o 26 de marzo de 1956 e finado en Seúl o 9 de xullo de 2020, foi un antigo activista polos dereitos humanos, avogado e político surcoreano, alcalde de Seúl desde o 26 de outubro de 2011[1] ata a súa morte.

Park Won-sun
Seoul Kimchi Making Sharing Festival 03.jpg
Nacemento26 de marzo de 1956
Lugar de nacementoChangnyeong County
Falecemento9 de xullo de 2020
Lugar de falecementoSeúl
NacionalidadeCorea do Sur
RelixiónBudismo
Alma máterUniversidade Dankook, London School of Economics e Universidade de Londres
Ocupaciónavogado, político e participante do fórum internacional
PremiosPrêmio Ramon Magsaysay e Korean Buddhist Human Rights Award
Park Wonsun signature.png
editar datos en Wikidata ]
Park Won-sun

TraxectoriaEditar

Estudou ciencias sociais Universidade Nacional de Seúl, de onde o expulsaron en 1975 por participar no movemento estudantil contra as políticas do presidente Park Jeonghui e mais foi á cadea durante catro meses[2], despois volveu aos estudos na Universidade de Danguk licenciándose en historia en 1979. En 1980 pasou os exames para exercer como avogando, traballando primeiro na oficina do fiscal en Daegu, e logo como avogado independente especializado en dereitos humanos. En 1994 foi un dos fundadores da ONG Solidariedade Popular para unha Democracia Participativa para minotorizar as prácticas do goberno e loitar contra a corrupción política, dirixíndoa de 1996 a 2002, ano no que pasou a dirixir The Beautiful Foundation, centrada na procura da eliminación das desigualdades[3]. A partir de 2005 foi membro da Comisión para a Verdade e a Reconciliación encargada de investigar as violacións dos dereitos humanos desde a ocupación xaponesa en 1910 ata a fin do goberno totalitario coa elección do presidente Kim Yeongsam en 1993[4]. No ano 2011 presentouse como candidato independente á alcaldía de Seúl co apoio do Partido Democrático e do Partido Laborista Democrático.

NotasEditar

  1. "Seoul Residents Elect Liberal Novice as Mayor", VOA, 26 de outubro de 2011
  2. ""Ramon Magsaysay Award Foundation - Park Won Soon"". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 26 de maio de 2014. 
  3. "'The Beautiful Foundation - Who We Are'". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 26 de maio de 2014. 
  4. "University of Minnesota, Institute for Advanced Study - Bringing Justice to an Unjustified Past in Korea". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 26 de maio de 2014.