Paredros
Paredros (transcrición do grego antigo πάρεδρος, páredros) é un substantivo ou adxectivo que significa literalmente «sentar cerca», «que está sentado á beira». Traducido como asesor, na antiga cultura grega representaba a función de axuda nunha institución política.
Atenas
editarNos séculos -V e -IV, foron nomeados arcontes epónimos e arcontes basileus suplentes. A súa posición era de carácter oficial, xa que estaban suxeitos á dokimasia. Cada un dos dez eúthynoi da Bulé que había no século -IV, tiña dous asesores cuxo traballo comezaba despois de que fosen presentadas as denuncias. Desde -418/-417 eran dez os asesores do hellenotamiai pagos polo erario público.
Esparta
editarEn Esparta foron os éforos os paredros dos reis para os asuntos legais.
Exipto
editarNo Exipto helenístico os paredros actuaban como conselleiros consultivos de cada un dos xuíces, como membros dos tribunais. Existiron entre os séculos -I e III.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Harding, Phillip (1985). Harding, Phillip. From the end of the Peloponnesian War to the battle of Ipsus (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 0-521-29949-7. (en inglés). p. 181. Consultado o 28 de xullo de 2009.
- Kapparis, K. A. (1999). Against Neaira: D. 59 (en inglés). Ed. Walter de Gruyter. p. 322. Kapparis, K. A. Against Neaira: D. 59 (en inglés). Ed. Walter de Gruyter. ISBN 3-11-016390-X. Consultado o 28 de xullo de 2009.
- Kapparis K. A. (1998). «Assessors of magistrates (Paredroi) in Classical Athens». "Assessors of magistrates (Paredroi) in Classical Athens". Historia (nº 4). ISSN 0018-2311. (en inglés). vol. 47 (nº 4): pp. 383-393.