Pardoglossum cheirifolium
Pardoglossum cheirifolium | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista xeral en floración e frutificación. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pardoglossum cheirifolium Barbier & Mathez, 1973 |
Pardoglossum cheirifolium é unha especie de planta herbácea da familia das Boraginaceae.
Descrición editar
É unha planta herbácea bienal, de 15-65cm de alto, xeralmente cuberta de tomento esbrancuxado e de talos simples ou ramificados desde a base, hirsutos ou tomentosos. As follas son densamente pelosas por ambas as caras, as da roseta basal de 20 por 2-3 cm, con pecíolo duns 7 cm e limbo oblanceolado ou elíptico, normalmente ausentes na fructificación e as caulinares inferiores longamente pecioladas, con limbo de 1,5-2(3) cm de anchura, oblanceolado ou elíptico mentres as medias e superiores, de 10 por 2cm, son oblanceoladas, oblongas ou ovado-oblongas. A inflorescencia é ramificada, máis pequena que o talo, con numerosas cimas. As flores teñen as brácteas inferiores de cada cima similares ás follas superiores, os pedicelos de 2-4 mm, erectos ou erecto-patentes. O cáliz ten 3,5-9 mm, con lóbulos ovados, densamente villosos na cara externa e ás veces tamén na interna, mentres a corola, de 3-6,5mm de diámetro, infundibuliforme, rosada ou vermella, que vira a púrpura ou un azul escuro durante a antesis, ten un tubo 3,5-6mm, cilíndrico, con 5 escamas obovadas cortamente ciliadas na garganta e os lóbulos de 1,5-2mm, patentes, planos, glabros. O ovario ten o estilo máis curto que o tubo da corola, e os froitos son tetranúculas de 5-10 por 5,5-7,5mm, coa cara dorsal convexa, ou comprimida e plana ou cóncava, usualmente densamente tuberculada, rodeada por unha marxe engrosada dunha cor parda escura.[1]
Citoloxía editar
Número de cromosomas: 2n=24[2]
Hábitat editar
Planta ruderal de lugares abertos, secos, ribazos, cunetas, repisas e pés de roquedo, etc.; desde 10 até 1500m de altitude.[1]
Distribución editar
É nativa do Mediterráneo occidental. En España, distribuída por toda a península cunha certa concentración no Levante alacantino e as Illas Baleares, máis dispersa cara ao noroeste.[1][3]
Taxonomía editar
O xénero foi descrito primeiro por Carl von Linné como Cynoglossum cheirifolium e publicado en Species Plantarum, vol, 1, p. 134, 1753 [1] e posteriormente incluído no xénero Pardoglossum por Maurice Barbier & Mathez en Candollea, 28(2), p. 306, 1973.[4]
- Etimoloxía
- Pardoglossum: nome xenérico que deriva do idioma latín = "leopardo" e glossum = "lingua", referíndose ao parecido das súas follas coa lingua dun leopardo.
- cheirifolium: epíteto aludindo ás follas parecidas ás do aleli.
- Sinonimia
- Anchusa lanata L.
- Cynoglossum argenteum Lam.
- Cynoglossum arundanum Coss.
- Cynoglossum cheirifolium L. - basiónimo
- Cynoglossum cheirifolium var. antiatlanticum Molero & J.M.Monts.
- Cynoglossum cheirifolium var. heterocarpum Kunze
- Cynoglossum clavatum Viv.
- Cynoglossum decipiens Lojac.
- Cynoglossum heterocarpum (Kunze) Willk.
- Cynoglossum lineatum Risso ex Ces., Pass. & Gibert
- Pardoglossum cheirifoliumvar. arundanum (Coss.) Mathez
- Pardoglossum cheirifolium subsp. heterocarpum (Kunze) Mathez
- Pardoglossum lanatum (L.) Barbier & Mathez
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cynoglossum cheirifolium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid
- ↑ Fernandes, A. & Leitao M.T.,Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal, Bol. Soc. Brot., ser. 2, 46, p. 389-404, 1972
- ↑ Cynoglossum cheirifolium en The Euro+Medit PlantBase
- ↑ "Pardoglossum cheirifolium". Tropicos.org. Jardín Botánico de Misuri. Consultado o 14 de febreiro de 2014.