Abrir o menú principal

Pardal das rochas

O pardal das rochas (Petronia petronia) é unha especie de ave do xénero Petronia dentro da familia Passeridae.

DescriciónEditar

 
Petronia petronia.

Parécese á femia do pardal común debido á súa apagada e pálida plumaxe. Ten unha mancha amarela na gorxa que en ocasións pasa desapercibida. En riba de cada ollo ten un risco de cor crema e outro escuro xusto en riba. O seu peteiro é grande e adaptado á súa dieta granívora.

Trátase dunha especie migratoria, a súa área de distribución esténdese por Europa, Asia e África. Habita en zonas secas de toda a península ibérica agás na franxa do Cantábrico e zonas próximas ao estreito de Xibraltar. Non aparece no leste de Canarias nin nas Illas Baleares.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  1. BirdLife International (2004). Petronia petronia. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 3 xaneiro 2012.