Antuca

obxecto para protexerse do sol
(Redirección desde «Parasol»)

Unha antuca,[1] tamén denominada parasol,[2] é un utensilio portátil ou unha estrutura fixa ou plegable para dar sombra. É usada para protexerse do sol, por exemplo en praias ou piscinas exteriores. A diferenza do paraugas, pensado para protexerse da choiva, non ten porque ser impermeable.

Muller protexida cunha antuca nunha pintura de Francisco de Goya.
Un parasol amarelo na praia.

Historia

editar

Foi deseñada a partir do mesmo principio que o do paraugas e desenvolvida fai aproximadamente 4.000 anos pola civilización chinesa onde tamén se creou o paraugas. Dende alí estendeuse a Persia, Exipto e Grecia; e foi aí mesmo onde, dende o século IX, as antucas comezaron a ser de uso exclusivo das clases nobres.[3]

Materiais

editar

Antes, eran fabricadas con tecidos lixeiros e finos, a miúdo con encaixe; hoxe en día, na súa maioría, son fabricadas con materiais plásticos.

As antucas de hoxe en día fabrícanse nunha gran variedade de materiais. Para os armazóns das antucas o material máis utilizado é o aluminio pola súa lixeireza e dureza. Porén non é o único material para os armazóns, tamén se poden atopar de aceiro inoxidable e de madeiras tropicais; e recentemente até de fibra de vidro.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para antuca.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parasol.
  3. The inventions that changed the world (Londres, Reader's Digest Editors, 1982).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar