Paradigma (lingüística)

O paradigma é o conxunto de formas que serven como modelo nos diversos campos de flexión. O termo aplícase con moi variada extensión. Así, o paradigma dunha declinación consiste na enumeración ordenada convencionalmente de todas e cada unha das formas que un tema, adoptado como modelo, presenta nos diversos casos gramaticais. O paradigma da categoría de número e persoa consiste na enumeración convencionalmente ordenada das formas que presentan os tempos verbais.

Así a todo, frecuentemente, ó opor sintagma a paradigma, oponse eixo sintagmático (ou eixo da segmentación) a eixo paradigmático ou eixo da conmutación, e o paradigma pasa a ser o conxunto de palabras que poden ser conmutadas por aquela que foi escollida para ser empregada no sintagma. Pódese logo falar do paradigma dos substantivos singulares, do paradigma dos adxectivos que expresan o sema de cor,...

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar