Os panellets son uns pasteis pequenos, e de varias formas, feitos a base de mazapán e outros ingredientes que lles dan un sabor e aroma característicos. Son doces típicos do día de Todos os Santos en Cataluña, Eivissa e o País Valenciano.

Panellets.
Panellets de café.

Historia

editar

Os panellets como tal datan do século XVIII, cando se usaban como comida bendicida para compartir logo das celebracións relixiosas (panellets de San Marcos e panellets da Santa Cruz). Crese que teñen a súa orixe no norte de Europa, onde a consecuencia do intenso frío facíase necesario un alimento rico en calorías para soportar mellor a longa noite de defuntos, pero seguramente proceden da repostería árabe, dada a súa composición a base de améndoas e a influencia da cultura árabe.

Ao ser unha comida moi enerxética (como as castañas, tamén consumidas ese día) resultaban moi útiles para comer o Día de Todos os Santos ou Día de Defuntos, nos que se tocaban a mortos nas campás das igrexas durante toda a noite, polo que gran parte da poboación facía vixilia.

Características

editar

Elabóranse cunha masa doce feita con azucre, améndoa crúa moída, ovo e pel de limón, para que teña unha textura máis esponxosa. Polo exterior recóbrense con clara de ovo, que fai de adherente para colocar unha capa de piñóns. O conxunto métese no forno e déixase arrefriar. Actualmente existe unha ampla gama de panellets: de coco, chocolate, café, marmelo etcétera.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar