Palau de Benicarló
O Palau de Benicarló ou Palau dels Borja é a sede oficial das Cortes Valencianas, situado no casco antigo da cidade de Valencia. Trátase dunha mansión aristocrática do gótico-civil, construído no século XV para residencia da familia Borja, duques de Gandia. Construíuse sobre un edifico anterior, onde estaba a Escola de Arte a Gramática de Valencia dende 1408.
Palau de Benicarló | |
---|---|
Palau de Benicarló, sede de Les Corts | |
Coordenadas | 39°28′40″N 0°22′29″O / 39.47784722, -0.37463889 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Construción e descrición do palacio
editarO palacio, mandado construír polos duques de Gandia na capital do Reino de Valencia, constituíu durante séculos a expresión da súa preeminencia entre a nobreza local.
O inicio dunha construción con pretensións practicamente coincidiu coa concesión do ducado e, sen dúbida, o carácter representativo foi voluntariamente perseguido. Este criterio explica a súa localización urbana e as súas espectaculares dimensións, hoxe principalmente observábeis na súa fachada e na insinuación que nesta tiveron as estancias da súa planta nobre. Mantívose ao longo do tempo, aínda que languidecendo moi cedo trala morte dos dous primeiros duques. Este ocaso acelerouse cando os posuidores do título abandonaron terras valencianas ou este recaeu en mans doutros que nunca as pisaron.
A responsabilidade da construción do palacio dos Borja en Valencia, foi, do mesmo xeito que a súa posesión, distinta e dominante ao longo da súa historia. No seu encargo adquiren especial relevancia os primeiros duques de Gandia e o cardeal Roderic de Borja, despois Papa Alexandre VI. Polo que respecta á execución da obra, trátase con especial atención a figura dos prestixiosos mestres de obras da cidade: Francesc Martínez alcumado Biulaygua e Pere Comte.
Polo que respecta ao proceso construtivo do edificio, na súa época de maior actividade, de 1485 a 1520, cando se adaptan edificios preexistentes e elévanse outros, constrúese a escaleira de pedra do patio por Pere Comte (autor de obras moi importantes na cidade de Valencia como a Llotja de la Seda), realízanse importantes traballos nos estudos, labores de cantaría en xanelas e outros elementos relevantes.
Historia do Palacio
editarO palacio foi propiedade de distintas e importantes familias ao longo da súa historia, primeiro pertenceu á familia Borja dende 1485, foi abandonado a mediados do século XVIII polos duques de Gandia, quedando en estado ruinoso. Despois pertenceu á Casa de Benavent e, finalmente, á Casa de Osuna, até mediados do século XIX, momento en que se vendeu o palacio ao conde de Benicarló.
Posteriormente, a mediados do século XIX, a familia Pujals adquiriuno para establecer unha fábrica de seda. Durante a Guerra Civil foi sede do goberno da Segunda República instalado en Valencia. Actualmente é a sede das Cortes Valencianas.