Palau de la Generalitat de Catalunya
O Palau de la Generalitat (Pazo da Xeneralidade en galego) é a sede da Presidencia da Generalitat de Cataluña e é un dos poucos edificios de orixe medieval en Europa que se mantén como sede do goberno e da institución que o construíu. Encóntrase no distrito de Ciutat Vella da cidade de Barcelona. O edificio está situado entre os límites das rúas do Bisbe, de Sant Sever e de Sant Honorat coa fachada principal na plaça de Sant Jaume fronte á Casa de la Ciutat de Barcelona.
Palau de la Generalitat de Catalunya | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Palau de la Generalitat | ||||
Tipo | edificio da administración pública ![]() | |||
Parte de | Conxunto especial do sector da muralla romana ![]() | |||
Estilo | Gótico catalán e arquitectura do Renacemento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Casco vello | Ciutat Vella de Barcelona | |||
Barrio administrativo | El Gòtic ![]() | |||
Rúa | Plaça de Sant Jaume ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1400 (Gregoriano) ![]() | |||
Inauguración | 1619 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Generalitat de Catalunya ![]() | |||
Arquitecto | Pedro Blay ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000418 | |||
| ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Codi BCIN | 44-MH ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0000418 ![]() | |||
Id. IPAC | 48 ![]() | |||
Id. Barcelona | 753 ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O primeiro edificio foi comprado en 1400 polo entón presidente Alfons de Tous, e estaba situado na rúa Sant Honorat da antiga xudaría (call). A primeira ampliación, do ano 1416, daba a rúa do Bisbe e foi realizada por Marc Safont, xunto coa capela de Sant Jordi, do mesmo autor, construída no ano 1434.
Pere Blai foi o arquitecto que en 1596 levantou a fachada principal en estilo renacentista da plaça de Sant Jaume, sendo a primeira gran fachada deste estilo arquitectónico en Cataluña. Máis tarde foron adquiríndose e reformándose casas cara á rúa de Sant Sever ata conformar o perímetro descrito anteriormente.
Galería de imaxes
editar-
Patio gótico
-
Capela de Sant Jordi
-
Estatua de Sant Jordi matando ao dragón
-
Patio do palacio
-
Ponte entre o Palau e a Casa dos Canonges
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palau de la Generalitat de Catalunya |