Palacio de Queluz

palacio real en Portugal
(Redirección desde «Palacio Nacional de Queluz»)

O Palacio Real de Queluz (en portugués: Palácio Real de Queluz), tamén coñecido como Palacio Nacional de Queluz é un palacio do século XVIII localizado na cidade de Queluz, no concello de Sintra, distrito de Lisboa. Un dos últimos grandes edificios en estilo rococó erguidos na Europa, o palacio foi construído como unha residencia de verán para Pedro de Bragança, que viría a ser máis tarde marido e rei consorte da súa sobriña, a raíña María I de Portugal.

Palacio Real de Queluz
Fachada do Palacio Nacional de Queluz.
Edificio
EstiloRococó e neoclasicismo
LocalizaciónQueluz, Sintra, Portugal
Coordenadas38°45′02″N 9°15′30″O / 38.750446, -9.258224Coordenadas: 38°45′02″N 9°15′30″O / 38.750446, -9.258224
PropietarioEstado portugués
Uso(s)Museo
Construción
Inicio1747
Equipo
Arquitecto(s)Mateus Vicente de Oliveira
editar datos en Wikidata ]

A súa construción iniciouse no ano 1747, tendo como arquitecto a Mateus Vicente de Oliveira. Malia ser moito máis pequeno, é coñecido como o Versalles portugués. A partir de 1826, o palacio lentamente deixou de ser o favorito dos soberanos portugueses. En 1908 pasa a ser propiedade do estado. Despois dun grave incendio en 1934, o cal destruíu o seu interior, o palacio foi extensivamente restaurado, e hoxe en día atópase aberto ao público.

Dende 1910 está declarado Monumento Nacional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar