Pablo Domínguez Prieto
Pablo Domínguez Prieto, nado en Madrid o 3 de xullo de 1966 e finado no Moncayo o 15 de febreiro de 2009, foi un sacerdote, filósofo e teólogo español, e decano da Facultade de Teoloxía San Dámaso de Madrid. Impulsou, así mesmo, a fundación da Facultade de Filosofía San Dámaso de Madrid. Ambas institucións atópanse na actualidade adscritas á Universidade San Dámaso.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1966 Madrid, España |
Morte | 15 de febreiro de 2009 (42 anos) Moncayo, España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía e filosofía |
Ocupación | sacerdote católico, teólogo, filósofo, sacerdote |
Traxectoria
editarEstudou en San Dámaso entre 1984 e 1989 e foi ordenado sacerdote en 1991. Continuou os seus estudos de filosofía na Universidade de Münster, na Universidade Pontificia Comillas e na Universidade Complutense de Madrid. Nesta última obtivo un doutoramento e traballou como capelán. Exerceu como catedrático de Filosofía sistemática en San Dámaso dende 1998.
Como filósofo e teólogo impartiu numerosos cursos e conferencias e escribiu varios artigos e libros.[2] Foi membro do consello de redacción da revista Communio e da Revista española de teoloxía, así como colaborador asiduo do programa radiofónico A lanterna da Igrexa na COPE.[3] Ademais, foi profesor convidado en varias universidades, como a de Alcalá de Henares, a Facultade de Teoloxía de El Callao (Perú) e o Seminario Redemptoris Mater de Ámsterdam.[4]
Moi afeccionado ao montañismo, faleceu nun accidente no Moncayo xunto con Sara de Jesús Gómez, profesora da Universidade Francisco de Vitoria.[5] En 2010 publicouse o seu «testamento espiritual», Hasta la cumbre, que recolle as conferencias que deu antes de morrer no Mosteiro de Santa María de la Caridad, en Tulebras (Navarra).
O documental La última cima, dirixido por Juan Manuel Cotelo e estreado o 3 de xuño de 2010, relata a súa vida. Foi un éxito en España e nalgunhas cidades de Latinoamérica.[6]
A aula principal de conferencias da Universidade San Dámaso de Madrid, na planta baixa da súa sede central na rúa Jerte, leva o seu nome.
Obra (selección)
editar- Indeterminación y Verdad (1995) ISBN 84-87169-75-9)
- Concepción de la polivalencia Lógica en la Escuela de Varsovia (2001) ISBN 84-8466-212-8
- Teoría del contorno lógico (1999) ISBN 84-95258-02-1
- Lógica Modal y Ontología (2001) ISBN 84-95258-06-4
- Hasta la cumbre (2010) ISBN 978-84-285-3534-2
Notas
editar- ↑ Ortega, Javier (20 de febreiro de 2009). "Decano de la 'San Dámaso'". El Mundo. Consultado o 27 de maio de 2010.
- ↑ Catálogo de obras en Dialnet
- ↑ Sasot, Mario (22 de febreiro de 2009). "Un prelado entre montañas: Pablo Domínguez Prieto. Sacerdote y montañero, fallecido en una ascensión al Moncayo". enmemoria.com. Consultado o 27 de maio de 2010.
- ↑ Bedoya, Juan (18 de febreiro de 2009). "Pablo Domínguez Prieto, decano de la San Dámaso". El País. Consultado o 27 de maio de 2010.
- ↑ Agencia EFE (16 de febreiro de 2009). "Localizados sin vida dos montañeros madrileños en el Moncayo". Consultado o 27 de maio de 2010.
- ↑ ACI (21 de maio de 2010). "Nueva película sorprende a españoles por hablar bien de sacerdotes". Aciprensa. Consultado o 27 de maio de 2010.