Pablo Casado Elícegui

(Redirixido desde "Pablo Casado Elicegui")

Pablo Antonio Casado Elícegui[1], nado en Zamora o 12 de xaneiro de 1944 e finado o 27 de marzo de 2017 nas Palmas de Gran Canaria, foi un arquitecto e adestrador de baloncesto profesional español que dirixiu entre outros equipos o Club Baloncesto Breogán de Lugo, o Canarias e o Villalba. En 1991 foi ademais director xeral deste club madrileño.

Pablo Casado Elícegui
Nacemento1944
 Zamora
Falecemento27 de marzo de 2017
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónadestrador de baloncesto
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Como xogador de baloncesto, estivo no CB Canarias durante o tempo que facía estudos universitarios de arquitectura en Tenerife.

Como adestrador, empezou nas categorías inferiores do Estudiantes, e en 1979 xa estivo adestrando os equipos sénior do Club Baloncesto Canarias. Nas illas conseguiu dous ascensos á máxima categoría do baloncesto español. En 1985 fichou polo Breogán lugués, a quen adestrou unicamente por unha tempada. En 1986 marchou ao CB Collado Villalba da periferia madrileña, onde permaneceu durante seis anos, o último deles ademais como director xeral do club (1992)[2].

NotasEditar

  1. "Ficha federativa de Pablo Casado". Blog Basketmanía. 
  2. Tenerife, La Opinión de. "Fallece el exentrenador de baloncesto Pablo Casado". www.laopinion.es (en castelán). Consultado o 2018-12-19. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar