PYMAR (Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión) é unha Sociedade Anónima constituída en 1985 por estaleiros privados españois para defender os intereses da construción naval privada en España e en Europa, ten sede en Madrid.

PYMAR
TipoSociedade Anónima
Fundación1985
LocalizaciónAvda. Cardenal Herrera Oria, 57 28034 Madrid España España
Persoas claveÁlvaro Platero Díaz (Presidente)
IndustriaNaval
ProdutosBuques
editar datos en Wikidata ]

A asociación está constituída por 19 estaleiros privados e traballa en coordinación co Estado Español e as comunidades autónomas con industria naval. En 2017 os estaleiros asociados a PYMAR asinaron 35 contratos para a construción de buques por un total de 832 millóns de euros, o 60% dos cartos en estaleiros galegos.[1]

Historia editar

 
Campaña a prol do Tax Lease de PYMAR.

A asociación xurdiu como un Fondo Patrimonial de Garantías. Os estaleiros e algunhas administracións, podían facilitar avais por un valor sete veces superior aos fondos reais que tiñan depositados nas contas. O fondo foi disolto en 2011 cunhas perdas de 320 millóns de euros.[2] Naval Gijón e Astilleros de Huelva, con máis de 150 millóns, Astilleros de Sevilla 60 millóns, Construcciones Navales Juliana 100 millóns, Vulcano 62 millóns, Factoría Naval de Marín 57 millóns e o desaparecido estaleiro vigués M. Cíes.

En 2016 conseguiron gañar os recursos contra o tax lease.

Membros de PYMAR editar

Mellor buque construído en España editar

Dende 2009 a Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España (AINE) entrega o premio ao mellor buque construído en España.[3]

Ano Buque Estaleiro Armador Deseño Imaxe
2016 Gevred[4] Astilleros de Murueta   Compagnie Française du Thon Oceanique (CFTO)   
2015 Hondarra[5] Astilleros de Murueta   Chambre de Commerce et d´Industrie Bayonne Pays Basque   Astilleros Murueta
2014 Stril Luna[6] Astilleros Gondán   Simon Møkster Shipping   Rolls Royce Marine
2013 RRS Discovery[7] Construcciones Navales Paulino Freire   Natural Environment Research Council -  
2012 Esvagt Aurora Zamakona S.A.   Esvagt AS   Ulstein
2011 Stril Merkur 722 Astilleros Gondán   MoksterShipping
2010 Juan Carlos I (L-61) Navantia   Armada Española   Navantia  
2009 WG Columbus[8] Hijos de J. Barreras   WesternGeco   Ulstein Design & Solutions AS

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar