Astilleros Armon é unha empresa naval asturiana con sede en Navia e factorías en Galiza. A orixe da empresa foi un pequeno estaleiro en Navia adicado aos pesqueiros de baixura en madeira. Constrúe buques pesqueiros de todo tipo e eslora, remolcadores, oceanográficos, buques auxiliares, iates, cargueiros, dragas etc. A empresa leva construídos preto de mil buques en todo o grupo.

Astilleros Armon
Fundación1963
LocalizaciónAv. del Pardo, s/n, 33710 Navia (Asturias)
Persoas claveJosé Ramón Fernández García
IndustriaNaval
ProdutosBuques
editar datos en Wikidata ]

Sedes editar

 
Remolcador construído en Navia.
  • Armon Navia. 34 000 m², tres grellas de ata 124 metros e un peirao de armamento de 300 m.
  • Armon Burela. Fundado en 1992, 5600 m², dúas grellas e un peirao de 250 m.
  • Armon Gijón (antes Juliana). Fundado en 2011, 148 000 m², dous peiraos de 222 e 239 m, dous diques de 170 x 25 m e 124 x 17 m, e dúas grellas de 180 x 47 m.
  • Armon Vigo. Fundado en 1998, 15 000 m², dúas grellas de 120 m e un peirao de 180 m.
  • Aux Naval (Puerto de Vega). 15 000 m², constrúe buques de aluminio.
  • Conformado y Corte. Fundado en Jarrio en 2009, 7400 m².

Normativa editar

A empresa ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001 por Bureau Veritas e Asociación Internacional de Sociedades de Clasificación (IACS).

Condicións de traballo editar

A empresa ten recibido queixas no seu estaleiro de Gijón de faltar ás medidas de seguridade e polas condicións de traballo.[1] En 2015 morreron dous traballadores en accidentes laborais en Xixón.[2][3][4]

Notas editar