Pro Evolution Soccer 2009

(Redirección desde «PES 2009»)

Pro Evolution Soccer 2009, coñecido abreviadamente como PES 2009 é un videoxogo da serie Pro Evolution Soccer de Konami. As primeiras imaxes do xogo foron mostradas o 23 de xuño de 2008. Lanzado para os seguintes sistemas: Windows (PC), Wii, Nintendo DS, PlayStation 3, PlayStation 2, PlayStation Portable e Xbox 360.

Pro Evolution Soccer 2009
Desenvolvedor(es)Konami
Distribuidora(s)Konami
Lanzamento17 de outubro de 2008
Xénerojogo eletrônico de futebol
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
Plataforma(s)Wii, Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, Microsoft Windows e PlayStation Portable
editar datos en Wikidata ]

Modos de xogo editar

  • Exhibición: o modo mais común do PES 2009. O usuario debe elixir un equipo e un contrincante para xogar un partido de 5 a 30 minutos onde pode tamén pode facer a escolla das condicións meteorolóxicos e outras variábeis.
  • Liga e Copa: dous clásicos modos onde se compite xogando nunha das 5 ligas posíbeis.
  • Devén unha Lenda: novo modo no que o usuario debe guiar un xogador até a gloria.
  • Lendas: versión online do derradeiro punto.
  • Liga Máster: o modo representativo da saga Konami.

UEFA Champions League: Enfronta o club de elección do usuario contra a elite do fútbol europeo. O sistema de xogo é o habitual da champions league cos 32 equipos que participan nunha fase inicial de 8 grupos, con 4 equipos por grupo, clasificándose a oitavos de final os 2 primeiros de cada grupo. A novidade deste modo é que ten moitas das características do certame europeo: marcadores, vallas e publicidade, logos, e mesmo emula a inauguración de cada partido de Champions League nos cales é típico pendurar dende o alto do estadio teas cos patróns de deseño dos escudos dos equipos que xogarán.

Crítica e vendas editar

As críticas da prensa foron xeralmente boas, pero inferiores ás obtidas en edicións anteriores da serie Pro Evolution Soccer (por exemplo a edición do 2007 recibiu en Metacritic un 88[1] e a versión de 2009 un 79[2]). Para as distintas versións do xogo as cualificacións e vendas foron:

  • PlayStation 3: un 77 en Metacritic[3] e preto de dous millóns de xogos vendidos segundo VGChartz[4].
  • Playstation 2: obtibo un 72 en Metacritic[5] e vendeu preto de dous millóns de exemplares[6].
  • Playstation Portable: obtivo un 75[7] e vendeu aproximadamente medio millón de copias[8].
  • PC: obtivo un 79.
  • Xbox 360: obtivo un 74[9] e vendeu preto dun millón de exemplares[10].
  • Wii: foi a versión mellor valorada, cun 85[11] ademais da máis moderna, xa que saíu a comezos do ano 2009, a diferenza do resto, que saíu a finais do 2008. Vendeu 190.000 copias[12], sendo a menos vendida de todas as versións.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2009. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2009. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2009. Consultado o 28 de xuño de 2009. 
  4. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26632&region=All
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2009. 
  6. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26633&region=All
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2009. 
  8. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26636&region=All
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2008. Consultado o 28 de xuño de 2009. 
  10. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26634&region=All
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2009. 
  12. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26635&region=All