PCX (de PiCture eXchange) é un formato de imaxe dixital que usa a forma simple da codificación run-length (un tipo de compresión sen perdas).

Desenvolvido por Zsoft Corporation de Marietta, Xeorxia (Estados Unidos), foi o formato nativo para o programa Paintbrush de PC, o cal foi un dos primeiros programas de gráficos populares que funcionaban baixo DOS nos primeiros PC. A súa popularidade tamén se debe a que era un dos formatos empregados polo Deluxe Paint, xunto co ILBM.

A maioría dos arquivos PCX usa unha paleta de cor indexada, pero o formato foi ampliado para permitir imaxes de 24 bits. PCX foi bastante popular en sistemas baixo DOS ou Windows, pero actualmente é pouco común, e foi en boa parte substituído por formatos con mellor compresión e prestacións, tales como o PNG ou o JPEG.

Este algoritmo de compresión é moi rápido e emprega moi pouca memoria, pero non é moi eficiente especialmente en fotografías.

Estrutura do PCX editar

Estrutura xeral editar

Cabeceira (128 Bytes)
Imaxe bruta
Paleta (opcional, só 256 colores)

Cabeceira editar

Posición Bytes Significado
0 1 Identificación: 10 (0AH) = arquivo PCX
1 1 PCX-File Version:
0 = Versión 2.5
2 = Versión 2.8 con Paleta
3 = Versión 2.8 paleta por defecto
4 = Windows sen paleta
5 = Versión 3.0 ou superior
2 1 Codificación
0 = ningunha
1 = RLE
3 1 Bits por Pixel
1 - Monocromo
4 - 16 cores
8 - 256 cores
24 - 16.7 millóns de cores ou truecolor
4 8 Coordenadas da imaxe
XMIN, YMIN, XMAX, YMAX
12 2 Resolución horizontal en ppp (puntos por polgada)
14 2 Resolución vertical en ppp (puntos por polgada)
16 48 Mapa de cores coa definición da paleta.
Organizado en campos bytes de 16*3
64 1 Reservado
65 1 Cantidade de planos, max. 4
66 2 Bytes por liña de imaxe (o ancho da imaxe en bytes)
68 2 Información da paleta
1 = cor
2 = Escala de grises
70 2 Anchura real en pixeles
72 2 Altura en píxeles
74 54 Bytes de recheo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar