PAZ (satélite)
PAZ é un proxecto do Programa Nacional de Observación da Terra por Satélite (PNOTS), creado polos Ministerio de Defensa e o entón ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España.[1]
PAZ | |
---|---|
Fabricante | EADS CASA Espacio |
Contratistas principais | HISDESAT |
Destino actual | Pendente de lanzamento |
Órbitas | Heliosincrónica case polar |
Data de lanzamento | 22 de febreiro de 2018 |
Foguete portador | Falcon 9 (SpaceX) |
Sitio de lanzamento | Vandenberg, CA Estados Unidos |
Duración da misión | 5 anos e medio |
Masa | 1400 kg |
Dimensións | 5 m x 2,4 m |
Potencia | 100 W |
Datos orbitais | |
Inclinación | 97,44° |
Altura orbital | 514 km |
O programa
editarO Ministerio de Defensa encargou á empresa Hisdesat[2] comezar o desenvolvemento dun sistema de observación da Terra con tecnoloxía radar de apertura sintética, no ano 2007, para satisfacer os requisitos operativos das Forzas Armadas Españolas respecto ás necesidades de observación a tempo completo con moi alta resolución.
Como consecuencia do anterior, Hisdesat iniciou os traballos de desenvolvemento do programa, contratando o deseño e a fabricación do satélite a EADS CASA Espacio en decembro de 2007, o que supuxo un fito para a industria espacial española ao ser a primeira vez que se asume o reto de construír en España un satélite deste tamaño e complexidade.
Hisdesat é a propietaria, operadora e explotadora do satélite PAZ, que proporciona información valiosa para múltiples aplicacións desde a súa órbita polar ao redor da Terra.
EADS CASA Espacio, como contratista principal, lidera un gran consorcio formado por empresas do sector espacial. Ademais, está desenvolvendo a parte frontal do radar, cuxa antena é un dos elementos máis importantes e innovadores e está baseada en tecnoloxía de circuítos radiadores impresos en disposición multicapas.
Hisdesat contratou o lanzamento do satélite co lanzador ruso Dnepr, previsto inicialmente para finais do ano 2012, mais sufriu diversos atrasos[3] (os últimos foron de orixe político tras o arrefriamento das relacións entre Rusia e a Unión Europea pola crise en Ucraína[4]), ata que en 2016 decidiuse cancelar o lanzamento con Dnepr e buscar outros posibles lanzadores.[5]
O INTA é o responsable do desenvolvemento do segmento terreo do programa PAZ que inclúe as Estacións de Control e Seguimiento, que estarán localizadas en Torrejón de Ardoz (Madrid) e Maspalomas (Gran Canaria) (con opción a usar tamén unha estación polar) e os centros de procesado e almacenamiento dos datos, situados nas ubicaciones anteriores e na Base Aérea de Torrejón de Ardoz (CESAEROB).[6]
O custo total do satélite é de 160 millóns de euros,[7] incluíndo 20 millóns de euros do lanzamento por parte de SpaceX.
O satélite
editarCun peso total estimado duns 1400 kg, PAZ mide 5 m de altura e 2,4 m de diámetro. Consta dunha plataforma ou módulo de servizo e un radar de apertura sintética como instrumento principal. Incorpora un experimento de Radio Ocultación e Precipitación Extrema, e un receptor do Sistema de Identificación Automática (AIS) como instrumentos secundarios.[8]
Galería
editar-
O foguete Falcon 9 despega desde Vandenberg con PAZ a bordo.
-
Falcon 9 despegando desde Vandenberg.
-
Long Exposure do lanzamento.
-
Vista do lanzamento desde Goleta, California.
Notas
editar- ↑ "Aplazan por «razones técnicas» el lanzamiento del primer satélite espía español", La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 2018 (en castelán).
- ↑ "El nuevo satélite español 'Paz' tomará cada día cien imágenes de la Tierra". El País. 7 de xuñode 2011. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ "El lanzamiento del satélite Paz es aplazado hasta el primer trimestre de 2015". Infodefensa.com. 8 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ Mañueco, Rafael (29 de decembro de 2015). "Rusia deja en suspenso el lanzamiento del primer satélite español de observación". ABC. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Hisdesat cancela el lanzamiento del satélite Paz con Kosmotras". Infodefensa.com. 20 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ Hisdesat. "Satélite PAZ - El programa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ Rosa M. Tristán, EL HUFFINGTON POST (22 de febreiro de 2018). "Satélite PAZ, el espía que vigilará las fronteras". huffingtonpost.es. Consultado o 26 de febreiro de 2018.
- ↑ Hisdesat. "Satélite PAZ - El satélite" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.