Maspalomas
Coordenadas: 27°44′13″N 15°35′58″O / 27.73694, -15.59944
Maspalomas é unha localidade do concello de San Bartolomé de Tirajana, no extremo sur da illa de Gran Canaria. É o principal núcleo turístico da illa.

Trátase dunha cosmopolita urbe turística que conforma un enclave urbano de aproximadamente 33.000 habitantes empadroados (2005) e máis de 180.000 camas (entre hoteleiras, extrahoteleiras e residenciais), que representan o 70% das prazas de toda Gran Canaria (2006). Encóntrase preto da autoestrada GC-1, que a conecta co Aeroporto de Gran Canaria en 15 minutos e coas Palmas de Gran Canaria en 25..
A praia de Maspalomas comprende dende a Playa del Inglés ata o Faro de Maspalomas e na súa superficie conta cunha zona acoutada como praia nudista. Dentro dos seus límites sitúanse as Dunas de Maspalomas e a Poza de Maspalomas, dous espazos naturais de grande interese turístico e científico, que foron declarados zonas protexidas.[1]
Notas Editar
- ↑ ": Reserva Natural Especial das Dunas de Maspalomas (C-7).". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016. Consultado o 06 de xullo de 2015.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maspalomas |