P80 (motor foguete)

P80 é a designación do motor foguete usado polo lanzador europeo Vega na súa primeira etapa.[1]

P80
País de orixeEuropa[1]
FabricanteFiat-Avio
AplicaciónPropulsión principal do foguete Vega[1]
EstadoEn produción[1]
Motor de propelente sólido
PropelenteHTPB 1912[1]
Configuración
Taxa da tobeira16[1]
Rendemento
Pulo3040 kN[1]
Presión na cámara95 bares[1]
Impulso específico280 s[1]
Tempo de acendido107 segundos[1]
Dimensións
Lonxitude7,50 m[1]
Diámetro3,00 m[1]
Peso seco7000 kg[1]
Usado en
Vega

Características editar

O motor P80 usa o propelente sólido HTPB 1912. Foi desenvolvido pola empresa Fiat-Avio para introducir tecnoloxías de baixo custo en foguetes de propelente sólido para ser reutilizadas en futuras evolucións do foguete Ariane 5. Entre as novas tecnoloxías usadas están o uso dunha carcasa de epoxy-grafito de 3 metros de diámetro, o uso de goma de baixa densidade para o illamento interno, unha baixa proporción de ligante e unha alta proporción de aluminio no propelente, unha tobeira simplificada que fai uso dun material lixeiro a base de carbono fenólico, un acendedor consumible e control vectorial da tobeira mediante un dispositivo electromecánico que fai uso de baterías de ión litio.[1]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Mark Wade (2011). "P80" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar