p53 é unha proteína supresora de tumores.[1] Na especie humana, o xene p53 ou TP53, tamén chamado o "gardián do xenoma", atópase no brazo curto do cromosoma 17 (17p13) e codifica un factor de transcrición nuclear de 43.7 KDa. O seu nome fai referencia á súa masa molecular aparente: corre como unha proteína de 53 KDa nun SDS-PAGE (sodium dodecyl sulfate polyacrylamide xel electrophoresis, ou, en galego, electroforese en xel de poliacrilamida con sodio dodecil sulfato). Esta diferenza débese á gran cantidade de residuos de prolina que contén p53, o que a fai migrar máis lentamente nun SDS-PAGE, facendo que pareza máis pesada do que realmente é.

p53.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Resulta esencial para inducir a resposta da célula ante o dano do ADN, detendo o ciclo celular en caso de mutación. O xene p53 é un xene supresor tumoral que desempeña un papel importante en apoptose e control do ciclo celular. Un p53 defectuoso podería permitir que as células anormais proliferen dando por resultado cancro (arredor dun 50 % de tódolos tumores humanos conteñen mutacións en p53).[2]

p53 pertence a unha familia de factores de transcrición, á cal pertencen tamén p63 e p73. Estas tres proteínas colaboran nunha complexa rede de interaccións que aínda non se coñece na súa totalidade. Porén, p53 é ubicuo (exprésase en todos os tecidos), mentres que p63 e p73 presentan especificidade tisular. Ademais, parece que todos eles presentan isoformas, algunhas das cales funcionan como activadoras, mentres que outras funcionan como negativas dominantes.

  1. "Nat Rev Cancer" (10). PMID 19776744. 
  2. Saunders (Elsevier) (ed.). "Molecular basis of cancer". Robbins & Cotran Pathologic Basis of Disease (8th ed.).