Bell P-39 Airacobra

(Redirección desde «P-39 Airacobra»)

O Bell P-39 Airacobra foi un caza estadounidense da segunda guerra mundial. O seu prototipo voou por primeira vez en abril de 1939 e entrou en servizo en 1941, sendo un dos principais cazas dos Estados Unidos cando o país entrou na guerra. Foi usado tamén por Gran Bretaña e a Unión Soviética.

Bell P-39 Airacobra
P-39F-1-BE
Tipocaza
FabricanteBell Aircraft Corporation
Primeiro voo6 de abril de 1938
Introducido1941
Principais usuariosForzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos
Forza Aérea Soviética
Royal Air Force
Produción1940 - 1944
Unidades construídas9 588
VariantesBell XFL Airabonita
Bell P-63 Kingcobra
Bell P-76

Tiña un esquema pouco habitual, co motor instalado detrás da cabina do piloto, no centro da fuselaxe, coa hélice no morro conectada por un longo eixo. Este feito deixaba a proa libre para a instalación dun canón de 37 mm e para montar un tren de aterraxe en triciclo, sendo o primeiro caza en utilizalo.[1] Porén o resultado non foi moi satisfactorio, xa que o avión carecía dun turbocompresor eficiente, polo que o seu rendemento a grande altitude non era bo. Por esta razón foi rexeitado pola RAF para ser usado en Europa occidental, aínda que foi adoptado pola URSS, xa que na fronte oriental a meirande parte dos combates aéreos producíanse a media e baixa altura.

Xunto co derivado P-63 Kingcobra, o P-39 foi unha das aeronaves de á fixa máis exitosas fabricadas por Bell.[2]

Especificacións editar

  • Tipo: monopraza de interceptación e cazabombardeo Bell P-39D Airacobra.
  • Planta motriz: un Allison V-1710-35 de 1150 hp de potencia.
  • Envergadura: 10,36 m.
  • Lonxitude: 9,19 m.
  • Peso máximo de engalaxe: 3720 Kg.
  • Velocidade máxima: 350 millas/h.
  • Alcance operacional: 800 millas.
  • Armamento: un canón de 37 mm, dúas metralladoras de 12,7 mm e catro de 7,62 e capacidade para unha bomba de 227 kg baixo a fuselaxe.

Notas editar

  1. Angelucci e Matricardi 1978, p. 25
  2. The encyclopedia of weapons of World War II. New York: Barnes & Noble Books. 1998. ISBN 0-7607-1022-8. OCLC 40924461.