Pía (homónimos)
páxina de homónimos
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo pía pódese referir a:
- Pía, recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, bacía, barquela, conco, maseira .
- Pía megalítica, baleirado xeométrico realizado nun penedo da Idade de Ferro.
- Pía do bautizo, pía onde se bautizan os nenos nas igrexas.
- Pía da auga bieita, pía preto da porta das igrexas onde fica auga bendita.
- Nome de pía, antropónimo, nome de persoa.
- Pía xeolóxica, (en inglés gnamma pit ou panhole) son pías que aparecen nas rochas, normalmente granitos ou arenitas, e que reteñen auga, producíndose meteorización.
- Pía, conxunto de cousas postas unhas enriba das outras, ou cantidade de calquera cousa agrupada formando un monte. Por extensión, gran cantidade ou número de algo, montón, morea.
Topónimos
editar- A Pía, lugar da parroquia de Andrade, no concello coruñés de Pontedeume.
- Fonte da Pía, lugar da parroquia de Insua, no concello coruñés de Ortigueira.
Véxase tamén Pías.
Antropónimos
editar- Pía, un apelido galego.
Outros
editar- Pía, inclinación que se ten cara a unha persoa ou cousa, apego.
- Pía, burato onde se apoia o mastro das embarcacións.
- Pía, peza de seixo ou metal que vai encaixada na mesa do muíño e que permite que o ovo vire sobre dela, ra, xoga.
- Porta Pía, construción de Michelangelo que se abre na antiga Muralla Aureliana da cidade de Roma, en Italia.