Ozod Aminova

escritora taxica

Ozod Muhiddinovna Aminova (taxico: Озод Аминзода), nada en Khujand o 1 de outubro de 1933 e finada o 7 de xuño de 2009 foi unha escritora soviética-taxica, coñecida tamén como Ozod.

Ozod Aminova
Nacemento1 de outubro de 1933
Lugar de nacementoKhujand
Falecemento7 de xuño de 2009
NacionalidadeUnión Soviética e Taxiquistán
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Khujand, por entón chamada Leninabad. É filla do poeta e músico Muhiddin Aminzoda.[1] Graduouse no Instituto Pedagóxico de Khujand en 1958, e deu clases na vila até 1970. Nese ano uniuse ao Partido Comunista da Unión Soviética.[2] Entre 1971 e 1990 foi editora do xornal local Haqiqati Leninabad. Nese ano pasou a traballar na Asociación de Escritores de Taxiquistán, do que é membro desde 1965.

ObraEditar

Comezou a publicar a súa obra a mediados da década de 1950. Nos seus textos trata temas como o patriotismo, o amor, a lealdade ou a liberdade das mulleres soviéticas.Boa parte da súa obra foi traducida ao ruso, e algúns poemas a outras linguas da Unión Soviética.[2]

  • Satrhoi Nakhustin ("As primeiras liñas", 1965)
  • Ba Yodi Tu ("Pensando en ti", 1971)
  • Chashmi Bidor ("Ollo esperto", 1975)
  • Didori Sahro ("Visita aos campos", 1975; escrita na honra da enxeñeira Dilbarniso Nurmatova)
  • Modarnoma ("En louvanza da nai", 1981)
  • Piroyai Sabz ("Ornamento verde", 1983)
  • Man Ham Maktabkhon Shudam ("Eu tamén aprendín", 1981)
  • Guldasta ("Bouquet", 1984)

RecoñecementosEditar

En 1982 gañou o Premio Komsomol de Taxiquistán pola súa obra. Tamén recibiu a Orde Honoraria do Presidio dos Soviets Supremos de Taxiquistán e Acerbaixán.

NotasEditar

  1. "Скончалась известная таджикская поэтесса Озод Аминзода". centrasia.ru. Consultado o 13 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Prominent Tajik figures of the 20th century". fayllar.org. Consultado o 10 de novembro de 2017.