Ovarense Basquetebol
O Ovarense Basquetebol é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Ovar, Portugal. O equipo xoga na Liga Portuguesa de Basquetebol (LPB), a máxima categoría do baloncesto luso. A A.D. Ovarense creou a súa sección de baloncesto en 1970 por iniciativa de John Gonçalves, desde aquela o club logrou proclamarse campión de Liga até en cinco ocasións, a última en 2008.
Ovarense Dolce Vita | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LPB |
Fundación | 1970 |
Cores | Negro, vermello, branco |
Presidente | Pedro Braga da Cruz |
Adestrador | Nuno Manarte |
Localización | |
Cidade | Ovar, Portugal |
Pavillón | Arena Dolce Vita |
Campionatos | |
Liga | 5 (1988, 2000, 2006, 2007, 2008) |
Copa | 2 (1989, 1990) |
Supercopa | 8 (1988, 1990, 1993, 2000, 2001, 2006, 2007, 2008) |
ovarense.pt |
Historia
editarA sección de baloncesto do club foi fundada en 1970 por iniciativa dun membro emprendedor, John Gonçalves. Entre 1976-77 e 19778-79, só seis anos despois da creación do club, o Ovarense ascendeu á categoría nacional. O equipo nunca perdeu a categoría, e a chegada de dous xogadores americanos de calidade a finais dos '80 déronlle ao equipo a calidade que precisaba para subir de categoría.
DJ e Mario Elie, un futuro campión da NBA, chegaron a Portugal en 1987 e foi nese ano no que o Ovarense conseguiu gañar o seu primeiro título de Liga, algo impensable unha década antes, gañando o capionato fronte a un Benfica pragado de estrelas. Dende aquela o equipo de Ovar é considerado un dos cinco mellores equipos de baloncesto do país, gañando novamente o título de Liga nas tempadas 2000, 2006, 2007 e 2008.
Palmarés
editar- Ligas de Portugal
- Taça de Portugal
- Supertaça de Portugal
- Taça da Liga
- Torneio dos Campeões