Ourizo da castaña
Ourizo é a envoltura espiñenta que recobre o froito do castiñeiro. Na terminoloxía botánica denomínase calibio.[1]
Características
editarEste froito, típico do outono é o centro de atención das festas do magosto, que se celebran entre os meses de outubro e novembro, xusto cando os ourizos, normalmente maduros e de cor amarela, caen dos castiñeiros formando auténticas alfombras no chan dos soutos.
Ata non hai moitos anos, a xente conservábaos no mesmo souto onde se recollían, nunha construción de pedra chamada ouriceira (ou uriceira).
Notas
editar- ↑ Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 161.