Os cabalos
- Non confundir coa Fonte dos Cabalos das Pratarías en Santiago de Compostela.
Os cabalos é un monumento de bronce de Juan Oliveira Viéitez ergueito en 1991 e situado na cidade de Vigo. Atópase no medio e medio da glorieta da Praza de España, onde antes houbo unha fonte circular con chafarices alumeados con diferentes cores, e anteriormente, para o mesmo deseño da glorieta, erguíase o pétreo Monumento aos heroes da Reconquista, obra do escultor Julio González Pola, que hoxe preside a peonil Praza da Independencia da mesma cidade.
Os cabalos | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | obra escultórica, monumento e fonte ![]() | |||
Xénero artístico | arte pública ![]() | |||
Material usado | bronce ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo ![]() | |||
Localización | provincia de Pontevedra ![]() | |||
Altitude | 101 m ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 30 de abril de 1991 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 18 m ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Creador | Juan Oliveira ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Descrición
editarO grupo escultórico feito en bronce negro forma unha especie de espiral metálica ascendente que acada os 18 metros de altura, pola que ruben cinco grandes cabalos, o superior apoiado nas dúas patas traseiras no cumio da escultura. Pola espiral baixa unha fervenza de auga que cae nun encoro de 10 metros de diámetro e forma a fonte; arrodéase cun sinxelo xardín formado por céspede e unhas sebes que agochan os focos que alumean a fonte á noite. O conxunto pesa 40 toneladas e sitúase sobre un paso inferior para o tránsito rodado da Gran Vía, polo que houbo que reforzar moito o forxado para que o chan ature o peso.
O sentido da escultura é unha homenaxe ás bestas bravas que poboan os montes de Vigo (como as que moraban no achegado Monte do Castro)[1].
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Os cabalos na páxina do Concello de Vigo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os cabalos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cerimonia de inauguración na web da RTVG