O rapto de Europa (Oliveira)
O rapto de Europa é unha escultura-monumento de bronce de Juan Oliveira Viéitez ergueito en 1991 e situado ao final da avenida de Europa, no medio dunha rotonda á beira da mesma praia de Samil, en Samil (Vigo).
O rapto de Europa (Oliveira) | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | obra escultórica e fonte ![]() | |||
Xénero artístico | arte pública ![]() | |||
Material usado | bronce ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo ![]() | |||
Altitude | 8 m ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1989 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 7 m ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Creador | Juan Oliveira ![]() | |||
Representa a | Europa ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Características
editarRepresenta a princesa fenicia Europa da mitoloxía grega da cabalo dun touro, todo en bronce. Ten 7 metros de alto e pesa 1500 quilos. A escultura érguese sobre unha rocha de granito que fica no medio dun pequeno encoro con chafarices. A obra supón tecnicamente un logro, xa que consegue unha sorprendente sensación aérea a través das cavidades e baleirados das figuras.[1]
A figura simboliza o rapto de Europa. Aparece o deus Zeus transformado en touro e sobre el a deusa da mitoloxía grega, Europa, coa bandeira da Unión Europea. [2] Europa era unha princesa fenicia, á que Zeus raptou convertido nun touro branco. Esta lenda foi moi representada na arte ao longo da historia.
Notas
editar- ↑ Web de Turismo de Vigo
- ↑ O Rapto de Europa na páxina do concello.