Os aliados

Os aliados.

Os aliados é unha xilografía en madeira de Raoul Dufy creada en 1914. Ten unhas dimensións de 45 x 45 cm, e consérvase no Centro Georges Pompidou de París.

Representa seis cabaleiros aliados, cabalgando a través dunha praza soleada e decorada con flores. A imaxe está rodeada das bandeiras de cada un dos países aliados da Primeira Guerra Mundial: Xapón, Reino Unido, Bélxica, Imperio Ruso, Serbia e Francia. As cores vivas, a ornamentación e os personaxes estilizados mostran a predilección de Dufy pola imaxinaría popular.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.