Os Cempés foi un grupo musical de folk e música tradicional galega formado en 1992 en Ferrol.

Os Cempés
OrixeFerrol, Galicia,
Período1992–2007, 2011–2012
Xénero(s)Folk
Música tradicional galega
MembrosOscar Fernández
Serxo Ces
Antón Varela
Oscar Painceiras
Cabe García
José Piñeiro
Antigos membrosCarlos Zaera
Beto Niebla
Pablo Ces
Tony D'arco
Na rede
Discogs: 3382112 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O grupo iniciou a súa historia en 1992, debutando nun concerto benéfico en Cedeira. A primeira formación estaba composta por Ócar Fernández, Carlos Zaera, Antón Varela, Beto Niebla, Pablo Ces e Serxio Ces. Da formación orixinal o gaiteiro Carlos Zaera morreu nun accidente de tráfico o 17 de marzo en 1995 antes de poder ver o resultado das primeiras gravacións.

Opaiii! foi o título escollido para o primeiro traballo, que foi gravado en varios locais galegos, conforme o grupo ía facendo concertos, e que reflicte a intención do grupo por facer música popular. O disco tivo escaso éxito en Galicia, inda que non en circuítos europeos. Conforme o grupo evolucionou, foi cobrando máis protagonismo instrumentos como a zanfona, o acordeón e os saxo, así como aumentando tamén a presenza das pezas cantadas, compostas en base a coplas tradicionais e outras de autoría propia. A pesar deses cambios, a raizame popular do grupo segue a reflectirse tanto nas pezas escollidas (rumbas, pasodobres, fox-trot) como nas melodías doadas.

Un dos aspectos importantes da formación foron os seus directos, de eminente carácter festeiro. De feito o último disco foi Moe a moa, un directo gravado en Vigo. O 11 de outubro de 2007, durante a gala dos VI Premios Opinión de Música Folk, o grupo fixo a última actuación para despois desfacerse oficialmente.

Membros editar

A última formación do grupo foi:

Membros anteriores editar

Colaboradores editar

Discografía editar

Recompilatorios editar

  • Os cempés 11 anos (2005) (Selección remasterizada do seus traballos anteriores máis unha peza nova)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar