Orzán (revista)
revista arxentina
Orzán foi unha publicación editada en Buenos Aires entre 1948 e 1957.
Orzán | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Fundación | 1948 |
Circulación | |
Frecuencia | 1 ano |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires, apareceu en 1948, aínda que se descoñece a data concreta. Tiña unha periodicidade anual e nela apareceron artigos vencellados ao Centro Coruñés, traballos sobre Galicia e a súa historia e fragmentos literarios. Dirixida por Bieito Cupeiro, entre os colaboradores estaban Ramón Suárez Picallo, Castelao, Fernández Longueira, Xulio Sigüenza, Antón Alonso Ríos, Faustino Rey Romero e Leandro Carré Alvarellos. O último número coñecido é o 9, publicado en 1957.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 170. ISBN 84-87172-30-X.