Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia

A Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia (en castelán: Orquesta Sinfónica Nacional de Colombia) é unha orquestra colombiana fundada en 2003 e con sede en Bogotá.

Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia
País Colombia
CidadeBogotá
Anos de actividadeDende 2003
Tipo de formaciónOrquestra sinfónica
XéneroMúsica sinfónica
Circunstancias de creaciónDisolución da Orquestra Sinfónica de Colombia en decembro de 2002
2003
Sitio webPáxina web

Historia editar

A orquestra foi fundada en 2003 tras a disolución da Orquestra Sinfónica de Colombia en decembro de 2002. A Orquestra Sinfónica de Colombia levaba en funcionamento desde 1952 baixo os auspicios do goberno de Colombia e foi disolta como parte dun amplo plan de privatización estatal. A Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia forma parte da "Asociación Nacional de Música Sinfónica", unha organización sen ánimo de lucro que recibe un amplo apoio do goberno colombiano para manter a orquestra e para prestar apoio económico ás outras orquestras sinfónicas profesionais do país.

Dende 2003 até 2007, a dirección artística da orquestra estivo baixo a dirección de tres directores musicais: Luis Biava (director en residencia da Orquestra de Filadelfia até 2004), Alejandro Posada (daquela director da Orquestra Sinfónica de Castela e León), e Eduardo Carrizosa (daquela director da Orquestra Filharmónica de Bogotá). En 2007, a orquestra abriu un proceso de busca dun único director titular e director artístico. Esta procura levou ao nomeamento de Baldur Brönnimann como director principal e director artístico, que ocupou o cargo de 2008 a 2012. En 2016, Olivier Grangean converteuse en director principal e director artístico da orquestra.

Directores da orquestra editar

  • Luis Biava (2003–2007, director musical conxunto)
  • Alejandro Posada (2003–2007, director musical conxunto)
  • Eduardo Carrizosa (2003–2007, director musical conxunto)
  • Baldur Brönnimann (2008–2012, director principal e artísitico)
  • Olivier Grangean (2016–2022, director principal e artísitico)
  • Yeruham Scharovsky (2023–presente, director principal e artísitico)

Discografía editar

Álbums ao vivo editar

Lista de álbums ao vivo
Título Detalles do álbum Posición Certificacións
US
Classical

[1]
Sinfónico
(con Fonseca)
  • Lanzamento: 9 de xullo de 2014
  • Selo: EMI
  • Formato: CD/DVD, descarga dixital
17
  • ASINCOL: 3× Platinum[2]

Notas editar

  1. Sinfónico appeared on Fonseca's Billboard chart database:Tropical Albums for Fonseca Billboard.com
  2. "Fonseca Recibe Triple Disco De Platino Y Dos Nominaciones Al Latin Grammy®" (en Spanish). Alegria Magazine. 2014-10-08. Consultado o 2014-10-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar