Orotz-Betelu
Orotz-Betelu (en castelán e tamén oficial: Oroz-Betelu) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Auñamendi e a 45 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 165 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e a súa densidade de poboación é de 7,03 hab./km².
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Capital | Oroz-Betelu (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 145 (2023) (6,18 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 23,46 km² | |||
Altitude | 599 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Miren Ainhoa Mendia Orradre (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 31439 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 31199 | |||
Símbolos
editarO escudo de armas do lugar de Orotz-Betelu ten o seguinte brasón:
Trae de goles e dúas palmas de ouro cruzadas en sotuer.
As palmas simbolizan a fidelidade no cumprimento do deber e proceden da parroquia de San Adrián onde figuraba gravado no seu retablo. Foi adoptado no ano 1845 ó separarse val de Arce e até esa data empregou o escudo dese val.[1]
Xeografía
editarSituación
editarA localidade de Orotz-Betelu está situada na parte norte de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica de Auñamendi; e a unha altitude de 599 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e limita polo norte co concello de Garralda, polo leste co de Garaioa; e polo sur e oeste co de Arce.[2]
Relevo e hidrografía
editarA localidade atópase entre montañas, destacando a carballeira existente xa que é unha das fragas de maior interese en Europa e o máis importante de toda a Península Ibérica na súa especie. A árbore que predomina é o carballo, aínda que se trata dun bosque mixto no que se pode atopar tamén outras especies como faias, bidueiros, castañeiros, cereixeiros silvestres e un abondoso baixobosque de buxo común.[3]
Notas
editar- ↑ OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 289, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa II. Goberno de Navarra. ISBN 84-235-0076-4.
- ↑ Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Oroz-Betelu". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
- ↑ Concello de Orotz-Betelu: A Carballeira de Betelu.