Identificadores
Símbolo ORM1
Entrez 5004
HUGO 8498
OMIM

138600

RefSeq NM_000607
UniProt P02763
Outros datos
Locus Cr. 9 q31-qter
orosomucoide 2
Identificadores
Símbolo ORM2
Entrez 5005
HUGO 8499
OMIM

138610

RefSeq NM_000608
UniProt P19652
Outros datos
Locus Cr. 9 q31-qter

A orosomucoide (ORM) ou alfa-1-glicoproteína ácida (α1AGp,[1] AGP ou AAG) é unha proteína de fase aguda atopada no plasma sanguíneo. É unha glicoproteína alfa-globulina que é modulada por dous xenes polimórficos. Sintetízase principalmente en hepatocitos e ten unha concentración normal en plasma de entre 0,6 e 1,2 mg/mL (1–3 % das proteínas plasmáticas).[2] Os seus niveis no plasma vense afectados polo embarazo, queimaduras, certos fármacos e determinadas doenzas, especialmente a infección por VIH.[2]

A única función establecida da ORM é actuar como carrexadora de compostos lipófilos con carga neutra. En medicina, coñécese como principal transportadora de fármacos básicos, é dicir, cargados negativamente (mentres que a albumina sérica transporta fármacos ácidos, é dicir, cargados positivamente, e neutros), esteroides e inhibidores da protease.[2][3] O envellecemento causa un pequeno decrecemento nos niveis de albumina no plasma; se acaso, hai un pequeno incremento da orosomucoide (alfa-1-glicoproteína ácida). O efecto destes cambios sobre a unión a proteínas de fármacos e a entrega de fármacos no seu destino corporal; porén, este parece ser mínimo.[4] A ORM mostra unha interacción complexa coa homeostase da tiroide: observouse que a ORM (ou AGP) en baixas concentracións estimula o receptor da tirotropina (TSH) e a acumulación intracelular de AMP cíclico. Porén, as altas concentracións de ORM inhibían a sinalización de TSH.[5][6]

A orosomucoide foi identificada como un dos catro biomarcadores circulantes potencialmente útiles para estimar o risco en cinco anos da mortalidade por todas as causas (os outros tres son a albumina sérica, o tamaño de partícula da lipoproteína de moi baixa densidade, e o citrato).[7]

A orosomucoide incrementa a súa cantidade na ictericia obstrutiva, diminúe na ictericia hepatocelular e en infeccións intestinais.[8][9]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  1. Logan, Carolynn M.; Rice, M. Katherine (1987). Logan's Medical and Scientific Abbreviations. Philadelphia: J. B. Lippincott Company. p. 3. ISBN 0-397-54589-4. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Colombo S, Buclin T, Décosterd LA, Telenti A, Furrer H, Lee BL, Biollaz J, Eap CB (outubro de 2006). "Orosomucoid (alpha1-acid glycoprotein) plasma concentration and genetic variants: effects on human immunodeficiency virus protease inhibitor clearance and cellular accumulation". Clinical Pharmacology and Therapeutics 80 (4): 307–18. PMID 17015049. doi:10.1016/j.clpt.2006.06.006. 
  3. Urien S, Brée F, Testa B, Tillement JP (novembro de 1991). "pH-dependency of basic ligand binding to alpha 1-acid glycoprotein (orosomucoid)". The Biochemical Journal. 280 ( Pt 1) (1): 277–80. PMC 1130632. PMID 1741754. doi:10.1042/bj2800277. 
  4. Rooke GA (2009). "Anesthesia for the Older Patient". En Barash PG, Cullen BF, Stoelting RK, Cahalan MK, Stock MC. Clinical Anesthesia. Lippincott Williams & Wilkins. p. 879. ISBN 978-0-7817-8763-5. 
  5. Zimmermann-Belsing T, Rasmussen AK, Feldt-Rasmussen U, Bøg-Hansen TC (febreiro de 2002). "The influence of alpha1-acid glycoprotein (orosomucoid) and its glycoforms on the function of human thyrocytes and CHO cells transfected with the human TSH receptor". Molecular and Cellular Endocrinology 188 (1–2): 241–51. PMID 11911961. doi:10.1016/s0303-7207(01)00650-5. 
  6. Dietrich JW, Landgrafe G, Fotiadou EH (2012). "TSH and Thyrotropic Agonists: Key Actors in Thyroid Homeostasis". Journal of Thyroid Research 2012: 351864. PMC 3544290. PMID 23365787. doi:10.1155/2012/351864. 
  7. Fischer K, Kettunen J, Würtz P, Haller T, Havulinna AS, Kangas AJ, Soininen P, Esko T, Tammesoo ML, Mägi R, Smit S, Palotie A, Ripatti S, Salomaa V, Ala-Korpela M, Perola M, Metspalu A (febreiro de 2014). "Biomarker profiling by nuclear magnetic resonance spectroscopy for the prediction of all-cause mortality: an observational study of 17,345 persons". PLOS Medicine 11 (2): e1001606. PMC 3934819. PMID 24586121. doi:10.1371/journal.pmed.1001606. 
  8. CAMERON, E., CAMPBELL, A., & PLENDERLEITH, W. (1961). Seromucoid in the diagnosis of jaundice. Scottish medical journal, 6, 308–310. PMID 13690112 . DOI: 10.1177/003693306100600703
  9. Padolecchia, N., Maggi, S., Fasano, V., Trotta, M., De Ceglie, N., & Rotunno, F. (1968). Frazionamento delle beta-lipoproteine del siero di soggetti con ittero epatocellulare e da stasi mediante gel fitrazione su colonna di agarosio. Bollettino della Societa italiana di biologia sperimentale, 44(18), 1533–1535. PMID 5732926

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.