Ornithosuchus

xénero fósil de réptiles

Ornithosuchus
Rango fósil: Triásico superior
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Infraclase: Archosauromorpha
(sen clasif.): Crurotarsi
Familia: Ornithosuchidae
Xénero: Ornithosuchus
Especies
  • O. longidens (especie tipo) (orixinalmente Dasygnathus longidens)
Sinonimia

Dasygnathus longidens
Ornithosuchus taylori
Ornithosuchus woodwardi

Ornithosuchus (que quere dicir "crocodilo paxaro") é un xénero extinto de pseudosuquios do Triásico serodio (Carniano), con restos fósiles atopados en Escocia. Orixinalmente críase que era o devanceiro de dinosauros carnosaurianos (como o Allosaurus). Porén, agora sábese que estaba máis estreitamente relacionado cos crocodilianos que cos dinosauros.

Malia a súa relación cos crocodilos, Ornithosuchus era quen de camiñar nas súas patas traseiras, como moitos dinosauros. Porén, é probable que pasase a maior parte do tempo sobre catro patas, sendo só bípede cando precisaba correr rapidamente. A súa caveira tamén lembra á dos dinosauros terópodos, mais moitos dos trazos primitivos incluíron a presenza de cinco dedos en cada pata e a dobre fileira de placas blindadas ó longo do lombo do animal. Estímase que o tamaño do Ornithosuchus era duns 4 metros.[1]

Notas editar

  1. Palmer, D., ed. (1999). The Marshall Illustrated Encyclopedia of Dinosaurs and Prehistoric Animals. Londres: Marshall Editions. p. 97. ISBN 1-84028-152-9. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar