Magnum (satélites)

(Redirección desde «Orion 1»)

Magnum, despois denominada Orion, foi unha serie de dous satélites de recoñemento dos Estados Unidos.[1][2]

Características editar

Os satélites Magnum foron satélites de intelixencia colocados en órbita xeoestacionaria para interceptar sinais electrónicas doutros países. Foron os sucesores dos satélites Rhyolite e a súa misión principal era captar telemetría de mísiles da Unión Soviética e da China. Foron construídos por TRW e tiñan unha masa de entre 2200 e 2700 kg. O reflector da antena principal tiña un diámetro duns 100 m para poder captar sinais moi débiles en terra.[1][2]

Magnum 1 (tamén denominado USA 8) foi lanzado o 24 de xaneiro de 1985 a bordo do transbordador espacial Discovery durante a misión STS-51-C, mentres que Magnum 2 (USA 48) foi posto en órbita o 23 de novembro de 1989 a bordo do mesmo transbordador na misión STS-33. Ambos satélites estiveron funcionando probablemente ata 2013.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Magnum" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orion 1, 2 (Magnum 1, 2)" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar