Rhyolite (significando riolita), denominados máis tarde Aquacade e tamén coñecidos baixo a denominación Programa 720 e Programa 472, foi unha serie de satélites de intelixencia dos Estados Unidos de América para a detección de sinais electromagnéticas.[1][2]

Esquema dun satélite Rhyolite interceptando emisións de microondas tal como se describe no libro de James Bamfords The Shadow Factory.

Características editar

Os satélites Rhyolite, renomeados como Aquacade cando o seu nome orixinal se fixo público, eran satélites de intelixencia para a detección de sinais electrónicas desde a órbita xeoestacionaria. O seu obxectivo principal era recoller telemetría de mísiles soviéticos e chineses. Lanzáronse catro satélites Rhyolite entre 1970 e 1978, todos a bordo de foguetes Atlas-SLV3A Agena-D. Eran fabricados por TRW, tiñan unha masa de 700 kg e unha antena despregable de entre 20 e 23 m de diámetro. Foron substituídos polos satélites da serie Magnum.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Rhyolite 1 19 de xuño de 1970 Atlas-SLV3A Agena-D Éxito
Rhyolite 2 6 de marzo de 1973 Atlas-SLV3A Agena-D Éxito
Rhyolite 3 11 de decembro de 1977 Atlas-SLV3A Agena-D Éxito
Rhyolite 4 7 de abril de 1978 Atlas-SLV3A Agena-D Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "Rhyolite" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Rhyolite 1, 2, 3, 4 / Aquacade 1, 2, 3, 4" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar