Orgullo crítico

Orgullo crítico é o nome de varias manifestacións de protesta de persoas LGBTI realizadas en varias cidades españolas, alternativas aos orgullos oficiais, que se consideran despolitizados e institucionalizados [1][2][3][4][5][6]

Logo do Orgullo Crítico de Madrid de 2017.

O movemento reclama a non mercantilización e a repoliticización do Orgullo, así como unha forte crítica do capitalismo rosa, a xentrificación, a homonormatividade, o pinkwashing ou o homonacionalismo.[7][8]

O orgullo crítico comezou a organizarse en 2006 en Madrid como unha manifestación alternativa ao MADO, reivindicando a data do 28 de xuño para lembrar o espírito de loita de Stonewall cunha perspectiva anticapitalista, transfeminista, antiracista e anticapacitista.[9][10]

ReferenciasEditar