Ordinary Corrupt Human Love

Ordinary Corrupt Human Love é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de post-metal Deafheaven, publicado o 13 de xullo de 2018 a través do selo Anti-.[1] O título do disco está inspirado na novela de Graham Greene de 1951 The End of the Affair.[2]

Ordinary Corrupt Human Love
Álbum de Deafheaven
Publicado13 de xullo de 2018
Gravaciónfebreiro de 2018
Estudio(s)25th Street Recording
Duración61:36
Xénero(s)blackgaze, post-metal
Selo(s)Anti-
Producido porJack Shirley, Chelsea Wolfe, Ben Chisholm
Cronoloxía
New Bermuda
(2015)
Ordinary Corrupt Human Love 10 Years Gone
(2020)

Lanzamento e promoción

editar

O 30 de xaneiro de 2018 Deafheaven publicou nas redes sociais unha fotografía dos membros da banda gravando nun estudio, e posteriormente confirmou a Pitchfork que estaban traballando nun novo álbum en 25th Street Recording en Oakland, California co produtor Jack Shirley.[3] O grupo publicou o sinxelo principal do álbum, "Honeycomb", o 18 de abril, e anunciou o disco e a súa xira de acompañamento no día seguinte.[2] O segundo sinxelo, "Canary Yellow", apareceu o 12 de xuño.[4] O álbum estivo dispoñible para streaming en exclusiva na NPR o 5 de xullo,[5] antes de ser oficialmente publicado o 13 de xullo en CD, vinilo, como descarga dixital e en servizos de streaming a través de Anti-.[6]

Listaxe de cancións

editar
N.º Título Duración
1. "You Without End"   7:36
2. "Honeycomb"   11:04
3. "Canary Yellow"   12:17
4. "Near"   5:28
5. "Glint"   10:57
6. "Night People"   4:07
7. "Worthless Animal"   10:07

Notas

  • "You Without End" conta con palabras faladas de Nadia Kury, collidas de estractos da historia curta Black and Borax de Tom McElravey.
  • "Night People" conta con voces adicionais e produción de Chelsea Wolfe e Ben Chisholm.
  1. "‎Ordinary Corrupt Human Love by Deafheaven" (en inglés). Consultado o 2019-01-31. 
  2. 2,0 2,1 Nast, Condé. "Deafheaven Announce Tour, New Album Ordinary Corrupt Human Love". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-01-31. 
  3. "Deafheaven Ready New Album for 2018 Release". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-01-31. 
  4. "‎Canary Yellow - Single by Deafheaven on iTunes" (en inglés). Consultado o 2019-01-31. 
  5. "Deafheaven's 'Ordinary Corrupt Human Love' Inspires Outrage And Obsession". NPR.org (en inglés). Consultado o 2019-01-31. 
  6. "Deafheaven - Ordinary Corrupt Human Love". deafheaven.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2021. Consultado o 2019-01-31.