Orda (filme de 2012)

filme de 2012 dirixido por Andrei Proshkin

Orda (en ruso: Орда; ou tamén titulado Святитель Алексий: Svjatitelj Alexij) é un filme histórico ruso de 2012 dirixido por Andrei Proshkin e escrito por Yuri Arabov. O filme baséase de maneira ficticia en como Aleixo de Moscova curou a Taidula Khatun, a nai do khan da Horda de Ouro Jani Beg, da súa cegueira.

Orda
Ficha técnica
DirectorAndrei Proshkin
ProdutorNatalya Gostyushina
Sergey Kravets
GuiónYuri Arabov
IntérpretesMaksim Sukhanov
Roza Hairullina
Andrei Panin
MúsicaAlexey Aygi
FotografíaYury Raysky
EstudioPravoslavnaya Entsiklopedia (Orthodox Encyclopædia)
EstreaMoscova: 24 de xuño de 2012
Duración127 minutos
OrixeRusia Rusia
XéneroHistórico
Orzamento12 millóns de dólares
Na rede
http://orda-film.ru/
IMDB: tt2331066 Filmaffinity: 379108 Allocine: 215415 Allmovie: v571904 Editar o valor em Wikidata

Lingua editar

A maioría dos diálogos de Orda están en lingua karachai-balkar. Os realizadores consideraron que o karachai-balkar é a lingua máis achegada ó kipchak falado no século XIV pola Horda de Ouro.[1] Porén, ningún dos actores de orixe turca son falantes nativos da lingua, xa que Dakayarov, Lovov e Yegorov son iacuts, e Hairullina é tártaro do Volga.

Notas editar

  1. "Максим Суханов стал митрополитом". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2012. Consultado o 06 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar