Operativo Independencia
Denominouse Operativo Independencia a actuación do Exército Arxentino en Tucumán para combater á guerrilla provincial e a militantes do ERP, presentes naquelas terras buscando crear un 'foco revolucionario' no monte tucumano.
O operativo foi autorizado pola entón presidenta María Estela Martínez de Perón, dispoñendo que
El comando general del Ejército procederá a ejecutar todas las operaciones militares que sean necesarias a efectos de neutralizar y/o aniquilar el accionar de los elementos subversivos que actúan en la provincia de Tucumán.[1]
O presidente da Cámara de Deputados, Ítalo Luder, fixo extensivo o operativo a todo o país durante o seu breve período á fronte do PEN, mediante os decretos 2270/1975 e 2272/1975
Os militares utilizaron o territorio da máis pequena das provincias arxentinas para aplicar, no marco da Doutrina da Seguridade Nacional, a metodoloxía da chamada guerra contrarrevolucionaria que aprenderan dos franceses primeiro e dos norteamericanos despois. Os seus eixes centrais foron o terrorismo, o secuestro, a desaparición de persoas e os campos de concentración onde se torturou e asasinou a miles de guerrilleiros. A superioridade loxística e operativa do exército, ao mando do xeneral Acdel Vilas primeiro, substituído por Domingo Antonio Bussi en decembro de 1975, logrou decimar en poucos meses aos combatentes e crebar os vinculos entre o ERP e os tucumanos.
Notas
editar- ↑ Decreto do Poder Ejecutivo Nacional 261/1975.