Operación Steinbock

A Operation Steinbock (en alemán Unternehmen Steinbock) foi a operación ofensiva nocturna da Luftwaffe na segunda guerra mundial para destruír obxectivos militares e civís británicos no sur de Inglaterra, e levouse a cabo entre xaneiro e maio de 1944. Os ataques producíronse principalmente na zona de Greater London e nos seus arredores. En Gran Bretaña foi coñecida como "Baby Blitz", debido a que foi moito menor en comparación ao bombardeo estratéxico da Luftwaffe sobre as illas británicas nos anos 1940 e 1941.

Operación Steinbock

Un Heinkel He 177 engala para unha misión en 1944
Data: do 21 de xaneiro ao 29 de maio de 1944
Lugar: sur do Reino Unido
Conflito: Segunda guerra mundial
Desenlace: vitoria británica
Combatentes
Reino Unido Alemaña

Baixo o mando do Generalmajor (Xeneral Maior) Dietrich Peltz, a Luftflotte 3 reuniu 473 bombardeiros para a ofensiva. A operación, que correu paralela á campaña do Mando de Bombardeiros da RAF coñecida como a Batalla de Berlín, púxose en marcha como forma de propaganda en como medida de represalia. A operación tivo moi pouco éxito e a Luftflotte 3 sufriu unhas perdas de 329 aparellos durante os cinco meses que durou, unha media de 82 por mes. Mandos da Luftwaffe como Hugo Sperrle tiña a intención de usar estes avións contra as forzas de ocupación dos aliados occidentais, que predixo que desembarcarían no norte de Francia no verán de 1944. Co tempo estes ataques de vinganza atrasaron a invasión aliada de Francia (Operación Overlord). Steinbock acabou decimando a frota alemá de bombardeiros ata o punto de non poder ofrecer ningún contragolpe importante.

A ofensiva significou a derradeira operación de bombardeo a grande escala da Luftwaffe contra Inglaterra, e a partir de aí só os mísiles de cruceiro V1 e os foguetes balísticos V2 serían usados para golpear as illas británicas.